spot_img
InicioO SalnésTrinta rapaces do C.P.I. Julia Becerra Malvar de Ribadumia participan este venres...

Trinta rapaces do C.P.I. Julia Becerra Malvar de Ribadumia participan este venres no proxecto de motivación e crecemento persoal “liderado para o éxito”dentro do programa ACTIVA 2014

O Auditorio Municipal de Ribadumia acolle unha exhibición de bailes de salón a cargo de Adrián Esperón y Patricia MartínezA actividade enmarcase no programa ACTIVA 2014, desenvolvido pola Dirección Xeral de Xuventude a través da Rede Galega de Dinamización Xuvenil.

A Dirección Xeral de Xuventude a través da Red Galega de Dinamización Xuvenil e en colaboración co Concello de Ribadumia, imparte este venres vintecinco de setembro o obradoiro formativo “Liderado para o éxito”.
Durante dúas hora trinta alumnos de 4º da ESO asistirán a obradorio de resolución de conflitos e comunicación. Trátase polo tanto dun obradoiro de crecemento persoal; analízanse tamén as situación que levan ao conflito, as metas e os medios parra lograr o éxito. Nesta xornada trataranse diversos aspectos como a motivación, estratexias de aprendizaxe, proactividade, establecer prioridades, técnicas de escoita e comunicación e traballo en equipo.
O curso levaráse a cabo este venres 26 de setembro, a partir das 10:00 h. ata ás 12:00 h. no salón de actos do CPI Julia Becerra Malvar.

Por outra banda, o Concello de Ribadumia xa estableceu as datas de realización do Curso de Herboristería e prantas medicinais, que organiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra dentro do programa Activate. O curso realizarase na Casa da Cultura de Ribadumia do 13 ao 23 de outubro en horario de 9:30 a 13:00. Ten unha duración de 40 horas, e permitirá os asistentes obter coñecementos teóricos e prácticos básicos de cales son as herbas e prantas medicinais mais beneficiosas, asía como o necesario para realización , planificación e coidado dos seus propios cultivos.

Curso de Aplicador de Produtos Fitosanitarios
O Concello de Ribadumia, a través da Oficina Agraria Comarcal de Vilagarcía, ten aberto o prazo de inscrición para un curso de APLICADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS NIVEL BÁSICO que se impartirá entre o 14 e o 22 de outubro na Casa da Cultura de Ribadumia. Esta acción formativa de modalidade presencial e de 27 horas de duración-, está cofinanciada ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER). É gratuito, inda que ten unha tasa de 8,83 por expedición do carné.

As persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes, acompañada da copia do DNI e o xustificante de pago da taxa, ata o venres 10 de outubro, no Concello en horario de 8:00 a 15:00.

O obxectivo deste curso é asimilar os coñecementos xerais en materia de axentes produtores de anos nos cultivos e a análise e valoración destes, así como os métodos de loita e protección máis adecuados a cada caso; profundar no coñecemento dos procedementos indicados para a manipulación e utilización de praguicidas e o tratamento dos residuos tras o seu uso; completar os coñecementos referidos á maquinaria de aplicación de praguicidas; potenciar a prevención de riscos laborais, optimizando a saúde laboral, a protección do medio ambiente e o uso de boas prácticas fitosanitarias e actualizar os coñecementos sobre aspectos referidos á Seguridade Social Agraria.

Está dirixido o público en xeral, e resulta de especial interés para agricultores que non dispoñan de persoal auxiliar na mesma explotación, persoal auxiliar das empresas e explotacións agrarias dedicadas á aplicación ou que apliquen produtos fitosanitarios, así como o persoal auxiliar dos establecementos de venda ao público.

- Publicidade -spot_img