spot_img
InicioVal MiñorBaionaTrinta operadores de turismo arriban a Baiona para coñecer as posibilidades turísticas...

Trinta operadores de turismo arriban a Baiona para coñecer as posibilidades turísticas da vila

A visita deste grupo de operadores de turismo enmárcase dentro da nova iniciativa de mini cruceiros polas Rías Baixas, que busca desestacionalizar o turismo e que o combina coa oferta patrimonial, cultural e gastronómica.

A Concelleira de Turismo do Concello de Baiona, Beatriz González Pérez, recibiu a un grupo de 30 operadores de turismo de diferentes puntos de España que realizaron a travesía do primeiro mini cruceiro que desembarca na Real Vila co fin de coñecer de primeira man os innumerables atractivos da localidade que darán a coñecer e que promocionarán despois.

Os operadores de turismo arribaron en Baiona repartidos en barco e en tres veleiros.

Na súa visita á localidade, o grupo realizou a ruta pinzoniana polo que visitaron todos os recursos directamente relacionados co descubrimento de América: O Monumento ‘Encuentro Entre Dos Mundos’, o Paseo Ribeira e o Pozo da Augada, o Museo flotante da Carabela Pinta, e o centro histórico da localidade. Na citada ruta tamén se lles explicou a vinculación de Baiona coa expedición da Carabelas ao ser o primeiro porto en ter coñecemento do novo mundo.

“O feito de que se inclúa a Baiona como porto ao que arriban directamente cruceristas é tremendamente positivo para o municipio. Esta nova oferta turística supoñerá a visita de máis de 10.000 cruceristas entre os meses de abril e outubro, o que beneficiará de maneira directa á economía baionesa”, destacou González. Para a Concelleira, que a Asociación Galega de Actividades Náuticas escolla a cidade como porto de escala “supón unha forte lombeirada para desestacionalizar o noso turismo permitindo que os comerciantes e hostaleiros teña unha maior afluencia de público en tempada baixa, polo que serán os grandes beneficiarios desta pioneira iniciativa”. “Ademais, trátase dun gran número de operadores que darán coñecer as posibilidades turísticas de Baiona”, matizou a edil.

A acción está posta en marcha pola Asociación Galega de Actividades Náuticas. Os cruceiros poderán realizarse en barco de pasaxe ou en veleiro e cuxa duración pode oscilar entre un e tres días.

Aloxamento en hoteis e visitas a adegas e restaurantes son os alicientes dun plan apoiado desde a Axencia Galega de Turismo, Portos de Galicia e o Concello de Baiona. Os mini cruceiros que comezaron onte e manteranse ata mediados de outubro. A vila de Baiona está incluída nos seguintes itinerarios: o dos Tesouros das Rías de Galicia, o que realizaron os operadores de turismo, que contempla tres días de singradura -venres, sábado e domingo-, do que uno deles se pernotará e ceará na Real Vila. A outra modalidade, Cruceiro Illas Atlánticas e vilas mariñeiras, que inclúe un periplo de seis días -con saída o martes e chegada o domingo (en xullo e agosto serían 7 días, incluíndo o luns), cuxos pasaxeiros visitaran o municipio baionés.

Esta oferta imita a outras desenvolvidas no Douro por operadores lusos e en Bretaña por operadores de turismo franceses.

No caso de Baiona faranse escalas para visitar a Vila e todos os recursos directamente relacionados co descubrimento de América, igual que hoxe fixeron os profesionais, ademais para cear nos restaurantes participantes e pernoitar nos hoteis seleccionados.

O alcalde de Baiona, Angel Rodal, mostrouse moi satisfeito porque Baiona estea incluída no itinerario:” Que Baiona estea incluída no itinerario non é casualidade. A nosa Vila é un referente turístico e gozamos dun rico patrimonio paisaxístico, ambiental e cultural que non pasan desapercibidos e que a xente demanda”.

Entre os obxectivos búscase desestacionalizar a oferta turística, así como aproveitar os recursos locais para atraer visitantes, integrar a oferta en terra coa oferta desde o mar, aumentar os barcos en tránsito ou aumentar a venda de produtos de calidade locais a través dos menús específicos que ofrecerán os restaurantes colaboradores.

Desta iniciativa beneficiaranse os hoteis, restaurantes, comercio, confrarías de pescadores, portos deportivos, é dicir, o destino en xeral.

A idea é atraer turistas de poder adquisitivo medio-alto en tempada baixa a través dun dos nosos principais recursos: o mar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.