spot_img
InicioPontevedra e ÁreaTrés podium para o Club de Remo Miño Seta na 12ª Regata...

Trés podium para o Club de Remo Miño Seta na 12ª Regata Ponte dá Amizade celebrada en Vilanova de Cerveira

tres-podium-para-o-club-de-remo-mino-seta-na-12a-regata-ponte-da-amizade-celebrada-en-vilanova-de-cerveira

O pasado domingo celebrouse na cidade fronteiriza de Vilanova de Cerveira, a Regata Internacional Ponte dá Amizade, que xa conta coa súa 12º edición.

Catrocentos deportistas xuntáronse para celebrar esta proba, quizais a máis multitudinaria do norte da península xunto a Coimbra, que celebra tamén a súa regata o próximo fin de semana.

O Club Remo do Miño desprazo a seis equipos, dos cales, tres subiron ao pódium, e dous clasificáronse para a gran final. Soamente quedando un equipo fóra.

A Medalla de Ouro obtívoa a nosa remeira Lara Oliveira en Skiff alevín Feminino, que, gaño a súa eliminatoria de mañá. E de tarde, alcanzaría a vitoria na gran final, conseguindo a medalla de Ouro.

Grande Lara, que empezou a remar nos cursos do verán pasado, e xa está a subir todo o máis alto do podiúm demostrando o seu bo facer, e dando aviso de que está aí para as seguintes competicións.

A Medalla de Prata veu da man de Carlota González en Skiff cadete Feminino. Carlota conseguiu a segunda posición pola mañá e por tanto, a clasificación para a gran final. Xa pola tarde despois de ir máis de media regata na cabeza, ao final foi alcanzada pola remeira do Club Infante don Enrique do Porto. Hai que destacar que esta gran remeira do Infante, foi a que hai un mes atrás, na regata internacional de Andalucía, gañara con moita autoridade esa prestixiosa regata. Carlota perdeu esta por menos dun segundo, o que indica que a progresión que está a ter, ao final de tempada vai ter o seu froito.

A outra Medalla, a de Bronce, veu da man de Bruno Misa, tamén en Skiff, pero na categoría Infantil masculino. Magnifica esa terceira posición de Bruno, que foi superado polo remeiro do Club remo Tui, e o de San Felipe. Unha medalla cun sabor agridoce para Bruno, xa que a medalla de prata soamente escapóuselle tamén por unhas décimas.

Marta González en Skiff Infantil Feminino, alcanzaría pola mañá o seu pase á final, xa que pasou co cuarto mellor tempo da súa eliminatoria. Xa pola tarde, na gran final, obtería un magnifico Sexto posto. Un gran resultado para Marta, a pesar de que ela sempre queira mais. Moita fame de éxitos para Marta, que sen dúbida repercutirá nos seus próximos resultados. Marta tamén empezou a remar nos cursos do pasado verán.

En Catro Scull Cadete Feminino, obteríase un sétimo posto na gran final. As nosas nenas conseguirían clasificarse pola mañá, e na final da tarde obterían a sétima posición. Con estas tres remeiras Cadetes, Carlota González, Adriana Días e María Maidana, remaría a atleta alevín Lara Oliveira, que non desentonó para nada na tripulación, e deu pié a que puidese saír esta tripulación.

En Dobre Scull Cadete Feminino, María Maidana e Adriana Días, non conseguirían meterse nas finais.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.