Ribadumia inaugurará oficialmente o Nadal este venres, 12 de decembro as 18:30h, co aceso do alumeado navideño na praza do Concello.
A Alcaldesa Salomé Peña explica que “nesta ocasión a praza do Concello acollerá unha árbore led como os Concellos veciños. O obxectivo e ambientar e motivar aos veciños de Ribadumia neste mes tan especial e sinalado, ademais de dinamizar o comercio local e a hostelería”.
O acto acompañarase cun concerto de panxoliñas da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.
Aínda que a iluminación se concentra nas rúas do centro, por motivos de aforro energético e económico, ás diferentes parroquias tamén contan con algún elemento decorativo para crear un ambiente máis propio destas datas.
A entidade local ten preparada unha programación de actividades e eventos con motivo do Nadal e a chegada do Ano Novo, que comeza con este concerto o venres e continua coa actuación de Treixadura o sábado no Auditorio Municipal de Ribadumia. O resto de actividades de música, teatro e humor iranse anunciado nas vindeiras semanas.



