spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaAvelino González este sábado no Festival de monólogos de Redondela -LARETA-

Avelino González este sábado no Festival de monólogos de Redondela -LARETA-

Avelino González este sábado no Festival de monólogos de Redondela -LARETA-O festival de monólogos de Redondela, LARETA, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística, achega este sábado o monólogo de Avelino González:  XENTE COMA NÓS.

A traxectoria deste actor, narrador oral, director e tradutor de teatro vén avalada pola infinidade de proxectos nos que ten traballado, tanto en compañías de teatro (A Farándula, Tranvía Teatro ou Ollomol Tranvía); coma en cine (A ti como se che di adeus?, Lena ou Heroína); en televisión (Pratos combinados, Mareas vivas ou Padre Casares); ou como director e autor teatral (Bicos con lingua, coa que obtivo o Premio Max 2012 ao mellor autor teatral en galego).

Pero a súa faceta de contador de historias non ten límites, achégase a todos os públicos,   circunstancias e contextos, para ofrecer un novo xeito de ver e sentir, coa retranca e o humor como eixo fundamental. Como el mesmo di “para divertir e entreter. Para iso conto monólogos ou monologueo contos. Os contos e o día a día de calquera de nós, mesmo o máis serio, son fonte de inspiración e diversión con só cambiar o punto de vista”.

O espectáculo será o vindeiro sábado 13 de decembro, ás 20.00 h, no auditorio do Piñeiral do Crego de Chapela.

As entradas poderanse adquirir nos multiúsos da Xunqueira e do Piñeiral do Crego, cun prezo de 5 € para a entrada xeral, e  3 € para persoas xubiladas e estudantes.

 

- Publicidade -spot_img