spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaTraballos para a recuperación do patrimonio material no monte Santa Tegra

Traballos para a recuperación do patrimonio material no monte Santa Tegra

Traballos-recuperación-patrimonio-material-monte-Santa-Tegra

Este ambicioso proxecto englóbase no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, e céntrase na recuperación do barrio Megelina, zona que ocupa unha superficie aproximada de 2500 metros cadrados. Neste espazo, persoal do Padroado Municipal xa actuou recentemente para mantela libre de vexetación polo que na actualidade é perfectamente observable.

Sen embargo o tempo transcorrido desde as últimas intervencións arqueolóxicas (1928-33) e a acción da vexetación deterioraron considerablemente as 45 estruturas existentes, polo que decidiron actuar de novo.

Os traballos previstos nesta campaña que acaba de iniciarse terán unha duración aproximada de dez meses e consistirán na reescavación, restauración e musealización, así como na realización de actividades de promoción e divulgación do xacemento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.