A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinou esta mañá xunto co alcalde de Redondela, Javier Bas, un convenio para a posta en valor e recuperación ambiental do contorno do río Maceiras, que implica un investimento por parte do departamento autonómico de 40.000 euros.
O convenio implica a realización dun conxunto de actuacións concretas para a mellora do treito comprendido entre Fortóns e Ameal, no lugar de Vilavella cunha senda de 535 metros, que dará continuidade á existente
Segundo explicou a conselleira, este compromiso enmárcase na aposta do Goberno galego pola mellora e a conservación dos ecosistemas fluviais galegos e suporá unha mellora integral da zona.
As obras, que suporán unha mellora integral da zona, teñen un prazo de execución de tres meses estarán rematadas este mesmo ano
Vázquez destacou que coa consecución destes traballos darase cumprimento ao tripo obxectivo de acadar a recuperación ambiental do contorno do río Maceiras, na actualidade degradado pola acumulación de residuos e pola presión urbanística; crear un espazo público de lecer para veciños e visitantes; e mellorar a mobilidade dos veciños desta zona de Redondela ao facilitarlles o acceso ao núcleo urbano. A conselleira explicou, sobre este aspecto, que a senda do río Maceiras favorecerá os desprazamentos a pé e redundará en maior seguridade para os peóns.
Levaranse a cabo traballos de limpeza, de roza selectiva, de retirada de lixo e de materiais vexetais inertes (troncos, pólas caídas ou terra acumulada) tanto nas beiras do río como no leito fluvial
A sinatura do convenio implica a realización dun conxunto de actuacións concretas para a posta en valor do treito comprendido entre Fortóns e Ameal, no lugar de Vilavella, onde se construirá unha senda peonil ao carón do río Maceiras de 535 metros, que dará continuidade á xa existente. Estas actuacións teñen un prazo de execución de tres meses e estarán rematadas neste mesmo ano.
En concreto, segundo recolle o convenio, levaranse a cabo traballos de limpeza, de roza selectiva, de retirada de lixo e de materiais vexetais inertes (troncos, pólas caídas ou terra acumulada) tanto nas beiras do río como no leito fluvial. A finalidade destes traballos é favorecer o tránsito peonil e o fluír natural das augas.
Nova ponte e paneis informativos
O acordo asinado hoxe implica tamén a execución dunha ponte de 6,5 metros, a construción de muros de contención naqueles puntos nos que sexa necesario e a colocación de tubos de drenaxe que facilitarán a evacuación da auga.
Ademais, está previsto a instalación de paneis informativos co obxectivo de dar a coñecer os valores naturais e ecolóxicos que posúe este espazo, co obxectivo de acadar que esta sexa unha área de aproveitamento e lecer para veciños e turistas.




