spot_img
InicioO MorrazoDelio incansable e Gustavo Veloso máis preto do triunfo final

Delio incansable e Gustavo Veloso máis preto do triunfo final

Delio-incansable-Gustavo-Veloso -máis-preto-triunfo-final

Delio Fernández (W52) venceu, este xoves, no alto da Torre, en Seia, a etapa reina da 77ª Volta a Portugal Liberty Seguros e conmemorou pola segunda vez unha victoria nesta edición. Ao finalizar o traballo de equipo, o español atacou no último quilómetro e levou atrás o compañeiro de equipo e líder Gustavo Veloso. Catro segundos despois terminou Jóni Brandão (Efapel).

Coas contas feitas na vertixe dos 1970 metros da Serra da Estrela e destacando o segundo lugar do comandante da competición é posible afirmar que Veloso está máis preto da vitoria na Volta a Portugal.

No final o galego mostrouse moi satisfeito co equipo, principalmente co traballo do compañeiro e compatriota Delio Fernández.El merecía gañar esta etapa. Delio fixo un traballo excepcional, levoume até a liña de meta. Foi unha verdadeira batalla”.

Tras triunfar no alto da Serra do Larouco, en Montalegre, na 2ª etapa, Delio Fernández conseguiu ser o primeiro a pasar a liña de meta na Torre, unha chegada que sempre lle mereceu moi agarimo. “En 2008 cando fixen a primeira Volta a Portugal, quedei sorprendido con esta chegada. Foi unha gran alegría vencer aquí.”

Máis aló de estar de pedra e cal no tope da clasificación xeral, Veloso continúa diariamente a reforzar o liderado na clasificación dos puntos, Xersei Vermello Banco BIC, e é tamén o líder do Premio Kombinado KIA. O premio da Mocidade, Xersei Branco RTP, mantense na posesión do ruso Aleksey Rybalkin (Lokosphinkx).

- Publicidade -spot_img