spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán organiza unha "Noite de observación das Perseidas en...

O Concello de Nigrán organiza unha “Noite de observación das Perseidas en Chandebrito”

Concello-Nigrán-organiza-Noite-observación-Perseidas-Chandebrito

O Concello de Nigrán organiza a través da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (creadora e xestora do Observatorio Astronómico de Forcarei) unha noite de observación das perseidas, popularmente coñecidas como bágoas de San Lourenzo pola coincidencia con esta festividade.

Estará guiada por un dos colaboradores do Observatorio Astronómico de Forcarei a través da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura

Esta terá lugar o martes 11 de agosto ás 22.30 horas no castro de Chandebrito. Os interesados poden acudir directamente alí a esa hora ou, se descoñecen o lugar, presentarse en coche ás 22.00 horas no propio Concello de Nigrán, dende onde se organizará unha saída para que ninguén se perda. A observación estará guiada por Ricardo Lago, mestre e astrónomo vocacional ademais de colaborador do Observatorio Astronómico de Forcarei. A actividade é gratuíta e para tódolos públicos. Recoméndase aos asistentes que acudan con roupa de abrigo, toallas ou mantas para tirarse no chan, comida ou bebida se desexan cear vendo ás estrelas e prismáticos no caso de que dispoñan deles. Entre perseida e perseida, ademais, o experto mostrará as diferentes constelacións.

Os asistentes poderán coñecer in situ este fenómeno mentres o experto aproveita os intervalos para ensinar as diferentes constelacións

A propia noite das bagoas de San Lourenzo é a do día 12 de agosto, pero dende a Fundación Ceo, Ciencia e Cultura sinalan que estas son visibles tanto nos días posteriores como anteriores (sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, é dicir, que o ceo estea despexado). Toman o nome da constelación de Perseo porque debido a un efecto óptico da a sensación de que todas veñan desde ese mesmo punto, por iso Ricarlo Lago considerou o castro de Chandebrito o lugar máis axeitado (ademáis de que está afastado de todo tipo de contaminación lumínica).

As perseidas non son estrelas fugaces, se non meteoros moi brillantes que viaxan a 59 km/h, deixando ás veces unha estela ao seu paso. O seu causante é o cometa 109 P/swift-Tuttlem, que se fragmenta cada vez que a terra cruza a súa órbita.

Os astrónomos consideran este ano especialmente favorable para a súa observación ao estar preto as datas á lúa nova, polo que o satélite se fará visible, por iso o Concello de Nigrán non quere perder a oportunidade de organizar esta actividade nun punto privilexiado do noso municipio como é o castro de Chandebrito.

- Publicidade -spot_img