spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona inicia as obras de reparación da cuberta e...

O Concello de Baiona inicia as obras de reparación da cuberta e das instalacións da antiga escola de Baíña

Concello-Baiona-inicia-obras-reparación-cuberta-instalacións-antiga-escola-BaíñaO Concello de Baiona iniciou as obras de cambio de cuberta e das instalacións da antiga escola de Baíña, actualmente empregada como centro social.

 

O obxecto principal do proxecto é reparar o tellado da escola. O edificio, construído a principios do século XX, ten unha cuberta a dúas augas. Ademais, conta cun soportal na súa fachada principal que tamén se reformará durante a execución das obras.

En concreto vaise a construír unha nova estrutura de cuberta formada por cerchas e correas de madeira. Prolongando a mesma cara á zona do soportal dianteiro previa eliminación do soportal actual e os seus apoios. Procederase a colocar tezas cerámicas novas como material de cobertura. Ademais vaise a mellorar o sistema construtivo, incluíndo panel sándwich, o cal mellorará a estanqueidad e impermeabilización da cuberta. Tamén se instalarán placas de fibrocemento para apoio do novo material de cobertura, así como novos canlóns que axudarán á evacuación da auga procedente da cuberta.

Así mesmo, no proxecto tamén se inclúen melloras no interior das instalacións do centro social.

A causa do paso do tempo, das inclemencias meteorolóxicas e do material da propia estrutura de cuberta, o estado de conservación da mesma viuse empeorado polo que o Concello de Baiona investiu 40.000 euros na obra prevista na partida de investimento municipal para o ano 2015.

As fases de execución da obra levarán a cabo nunha única etapa, prevese que os traballos duren un mes.

- Publicidade -spot_img