spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño revalida o seu recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia

Tomiño revalida o seu recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia

tomino-revalida-o-seu-reconecemento-como-cidade-amiga-da-infanciaO Concello de Tomiño revalida o seu recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia

Revista Cousas De Nº19

Así o vén de decidir a Secretaría Permanente da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, conformada por representantes do Ministerio de Xuventude e Infancia, da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), do Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e UNICEF España, que trasladou os seus parabéns ao Concello e agradeceu “moi especialmente o traballo e compromiso amosado polo goberno municipal no cumprimento dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes”.

“Resulta emocionante que manter o selo de Cidade Amiga da Infancia, unha distinción que supón un recoñecemento ao traballo realizado nos últimos anos para conseguir que Tomiño sexa un concello no que as políticas da infancia e da adolescencia se sitúen no centro do noso facer diario contando coa participación activa dos nosos nenos e nenas e da nosa mocidade”, salientou a alcaldesa, Sandra González.

Pola súa banda, o concelleiro de Mocidade, Agustín González, destacou que en Tomiño “estamos moi orgullosos e orgullosas de ser un Concello que dende hai anos ten en conta aos nenos e nenas en moitísimas facetas da vida municipal, dende pequenas ou grandes obras ata outros aspectos relevantes como a mobilidade”. “É unha ledicia ver que a nosa infancia e mocidade participa sempre de forma moi activa e que UNICEF nos inclúa no selecto club de municipios que fomentan a implicación dos nenos e nenas, que son as e os cidadáns do presente, non só do futuro”, recalcou.

O Selo Cidades Amigas da Infancia, que só posúen seis concellos en toda Galicia, pon en valor un modelo de xestión centrado no enfoque de dereitos de infancia, un modelo que implica a coordinación interna do goberno con outros actores locais, que promove e xera mecanismos reais de participación da infancia e da mocidade e que conta cunha estratexia a longo prazo para incorporar a nenos, nenas e adolescentes nas súas política se accións. “Ser parte desta rede supón compartir unha mesma misión, que todo rapaz e rapaza poida desenvolverse plenamente na súa vila, porque o progreso da infancia é o progreso de todas e todos. É un investimento que ten un impacto positivo, presente e futuro, transformador da realidade da infancia e da mocidade, pero tamén de toda a sociedade”, lembra o concelleiro.

Para obter este recoñecemento Tomiño leva anos traballando en diferentes ámbitos e proxectos, como a creación do Consello Local de Infancia e Adolescencia, ‘Voces Novas’, para dar maior participación á cativada e mocidade do municipio, ou a posta en marcha de proxectos para mellorar a calidade de vida e o desenvolvemento vital de nenos, nenas e adolescentes.

- Publicidade -spot_img