spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia avanzan na declaración...

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia avanzan na declaración do Camiño de Taverneiro como Vía Cultural

a-deputacion-de-pontevedra-e-a-xunta-de-galicia-avanzan-na-declaracion-do-camino-de-taverneiro-como-via-culturalA deputada de Turismo Nava Castro presentou en Patrimonio un estudio previo para que a Dirección Xeral poida analizar a característica orixinal recoñecible do Camiño que esixe para ser declarado Vía Cultural

Revista Cousas De Nº19

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia avanzan na declaración do Camiño de Taverneiro como Vía Cultural. A deputada de Turismo Nava Castro, xunto á alcaldesa de Salvaterra, un dos seis concellos polos que atravesa a ruta cara Compostela ademais de Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Pazos de Borbén, Ponteareas e Ponte Caldelas, presentou en Patrimonio un estudo previo para que a Dirección Xeral poida analizar a característica orixinal recoñecible do Camiño que esixe para ser declarado Vía Cultural.

Xunto ao estudo previo a deputada provincial tamén entregou en Patrimonio copia dos acordos plenarios aprobados nos seis concellos da provincia polos que atravesa o Camiño de Taverneiro coa proposta para incoar o expediente para a declaración da ruta como Vía Cultural. “Existe –asegurou a deputada- unha proposta conxunta de seis concellos para obter esta distinción e impulsar, deste xeito, a promoción e divulgación dunha ruta que ofrece un patrimonio cultural, relixioso e cultural moi amplo ao longo dos seus 130 quilómetros”. Castro engadiu que “traballar unidos, sumando sinerxías, é sempre garantía de éxito así que agardamos que este roteiro, cuxo trazado é froito de moita investigación e documentación, consiga ser declarado Vía Cultural e poidamos seguir avanzando no posicionamento da provincia de Pontevedra como destino de referencia en torno aos Camiños a Santiago”.

A partir de agora, Patrimonio analizará a documentación para estudar a característica turística e cultural orixinal e recoñecible da ruta e iniciar, así, o procedemento para a súa declaración como Vía Cultural. “O Camiño de Taverneiro –asegurou Nava Castro- cumpre á perfección todas as condicións para obter a declaración de Vía Cultural, ao contar con 30 igrexas, 14 petos de ánimas, numerosos cruceiros e una ampla lista de contornas culturais e naturais ao longo do seu percorrido”.

A ruta debe o seu nome a Ignacio Taverneiro, un peregrino veciño de Ponte Caldelas, que faleceu en 1784 na Estrada despois de realizar o percorrido. Conta con 5 etapas entre Salvaterra e Compostela, cun total de 130 quilómetros e nos últimos dous anos foi percorrido por máis de 200 persoas, tanto a pé como a cabalo e en bicicleta. A primeira destas etapas, de 24 km, arranca en Salvaterra e transcorre ata Padróns (Ponteareas), á que segue unha segunda de 26 km desde este lugar a Ponte Caldelas. A partir deste punto continúa nunha terceira etapa de 25 km ata Pedre (Cerdedo-Cotobade), a cuarta (24km) entre Pedre e A Estrada e por último, desde este concello sae a quinta etapa, de 31km cara a Santiago.

- Publicidade -spot_img