spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño pon en marcha Encaixat, un programa pioneiro de atención integral á...

Tomiño pon en marcha Encaixat, un programa pioneiro de atención integral á infancia e adolescencia

omiño pon en marcha Encaixat, un programa pioneiro de atención integral á infancia e adolescenciaComezará atendendo a dous grupos formados por 8 menores e con intervención terapéutica para cinco familias

Revista COUSAS DE Nº15

Tomiño continúa a ser un referente en políticas de infancia e adolescencia. O Concello e Aldeas Infantiles asinaron este mércores o convenio de colaboración para a posta en marcha de Encaixat, un proxecto pioneiro no  no que se entende a infancia dun xeito integral atendendo ás necesidades educativas, ao apoio psicolóxico e ás familias buscando que os nenos, as nenas e a mocidade tomiñesa poida vivir integrada e feliz na súa contorna.

O proxecto arrancará en Tomiño este mes convertido nun centro de proximidade co que se busca mellorar a igualdade de oportunidades dos e das menores en situación de risco e vulnerabilidade que forman parte do Servizo de Educación e Apoio Familiar (SEAF) municipal a través dunha metodoloxía de intervención innovadora, con atención integral a nenos e nenas, tendo sempre en conta as súas necesidades de apoio escolar, formación en competencias esenciais, lecer educativo e apoio psicolóxico para mellorar as súas condicións de vida e a das súas familias.

“Seguimos apostando por atender á nosa infancia e adolescencia dun xeito integral, coordinando recursos e fomentando sinerxías para prestar un servizo que se fixo máis necesario se cabe tras a pandemia. Co Encaixat creamos un espazo socio-comunitario dedicado á infancia e á adolescencia, continuando así co gran traballo que estamos a desenvolver para seguir sendo referencia en políticas de infancia. Así, non só poderemos atender as necesidades de cada neno e cada nena pensando no que precisa e nas características da súa contorna e das súas familias, senón que nos permitirá achegar os recursos ás e aos usuarios evitando que teñan que desprazarse e favorecendo a súa inclusión social”, explicaba a alcaldesa, Sandra González, durante a sinatura do convenio de colaboración con Aldeas Infantiles SOS para levar a cabo este proxecto.

O director territorial de Galicia da entidade, Víctor Muñoz, sinalaba que este traballo conxunto tan próximo aos nenos, nenas e adolescentes permite “traballar dende a prevención e detectar situacións de risco. Para nós é unha experiencia innovadora e estamos moi ilusionados e esperanzados, porque cremos que o futuro pasa por achegarnos ás súas necesidades e apoialos dende os servizos sociais dos concellos”.

Este programa de intervención socio-educativa coa infancia e a adolescencia arrancará con dúas áreas principais de intervención. Por un lado, unha área centrada na formación socio-educativa que comezará con dous grupos de traballo formados por oito menores cada un de entre 6 e 17 anos e na que se traballarán os hábitos de estudo centrados no apoio das tarefas derivadas dos centros escolares pero tamén nas necesidades persoais e sociais dos e das menores, cun programa de tempo de lecer e participación comunitaria. Á fronte dos grupos estará persoal cualificado coordinado polo SEAF e a Concellería de Benestar Social.

Por outro lado, haberá unha área de apoio psicolóxico, que terá como eixos vertebradores a competencia social, a capacidade para a resolución de problemas, a autonomía e o sentido de propósito e de futuro. “Trátase dun traballo integral de apoio escolar, pero tamén de reforzo de habilidades emocionais e sociais, da capacidade de adaptación e das oportunidades de lecer, sempre dunha forma coordinada”, recalcou Susana Puga, directora dos programas de atención ás familias de Aldeas Infantiles SOS.

O programa tamén contempla a intervención a nivel terapéutico, sesións que comezarán a vindeira semana con cinco menores derivados do SEAF de Tomiño que servirá como un apoio extra á situación que poidan estar atravesando os e as menores e a súa contorna.

O obxectivo último que se persegue desde o SEAF é seguir avanzando e crecendo con este programa e poder cubrir as novas necesidades socieducativas que se vaian detectando, con fin de acadar a integración plena e unha oportunidade para vivir nun entorno mellor, máis seguro e feliz.

 

- Publicidade -spot_img