Inicio Baixo Miño Tomiño pon a punto sendas e sendeiros de espazos naturais

Tomiño pon a punto sendas e sendeiros de espazos naturais

Tomiño pon a punto sendas e sendeiros de espazos naturaisO Concello de Tomiño vén de arranxar varias sendas e percorridos por distintos espazos naturais para que a xente que os utiliza, sobre todo, despois do confinamento, para pasear e facer exercizo, poida facelo nas mellores condicións posible, apreciando ademais a riqueza ambiental e paisaxística existente.

A senda do río Miño, comprendida entre a Ponte Internacional de Goián e o límite co concello de O Rosal, é unha das máis utilizadas pola cidadanía para caminar ou andar en bicicleta, polo que foi unha das primeiras acondicionadas, despois de que o inverno e as chuvias afectaran algunhas partes da instalación.

Así, foi necesario limpar as marxes da senda e arranxar varias pasadeiras de madeira e guías laterais, así coma limpar e restituir o xabre, co que a senda quedou moito máis transitable.

Asemade, arranxáronse e limpáronse de maleza e acondicionáronse as contorna da Fortaleza de San Lourenzo de Goián, Lago da Pedra e río Furnia, coma así tamén diferentes sendeiros das parroquias de Sobrada, Currás e Amorín.

Do mesmo xeito, estanse a levar a cabo obras de mantemento e substitución de pezas deterioradas no pantalán de Goián.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies