Inicio O Condado O Consello da Infancia de Ponteareas avala as melloras na mobilidade e...

O Consello da Infancia de Ponteareas avala as melloras na mobilidade e insta ao goberno municipal a continuar renovando os parques

O Consello da Infancia de Ponteareas avala as melloras na mobilidade e insta ao goberno municipal a continuar renovando os parquesAlcalde, concelleira de Educación e concelleiro de Mocidade trasladaron aos membros do Consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas os seus parabéns polo comportamento exemplar amosado durante o tempo de confinamento, así arrincou o encontro dixital mantido durante máis dunha hora para coñecer as necesidades e inquedanzas deste sector de poboación.

Mozas, mozos, nenas e nenos comentaron ao alcalde Xosé Represas e aos concelleiros Cristina Fernández e Miguel Bouzó como foi o seu tempo durante o confinamento. Na súa maioría destaca o importante papel das novas tecnoloxías e das ferramentas dixitais tanto para cumprir coas súas responsabilidades académicas como para poder entreter o seu tempo de lecer.

Infancia e adolescencia destacaron os seus desexos de volver ver aos familiares en canto se permitiron as saídas. Tamén coincidiron en salientar o seu agrado polas melloras no espazo público postas en marcha nestes meses, como a humanización realizada na rúa Fernández Vega no tramo entre o auditorio e a praza de abastos, que agora empregan como lugar para o esparcemento infantil e de encontro da adolescencia. Ademais, agradeceron o espazo xerado nestes días para o tránsito de persoas en todo o casco urbano, que lles facilita o cumprimento das distancias de seguridade.

Nenas e nenos trasladaron ao alcalde a necesidade de continuar a renovación de parques infantís iniciada polo goberno local, facendo énfase nalgunhas parroquias. Nese sentido, Represas comprometeuse a convocar á infancia para afrontar estas obras de mellora participando coas súas ideas no deseño dos novos parques.

No encontro salientouse tamén a obra do conservatorio, que no vindeiro curso ofrecerá un espazo máis amable e de calidade para o estudo de ensinanzas musicais, así como a realización do Campus-Tea e Verán Rural.

Cristina Fernández e Miguel Bouzó sinalaron que están traballando na programación de actividades a celebrar no verán coas medidas de seguridade pertinentes, e adiantaron a posibilidade de celebrar unha gran xornada lúdica para a infancia e mocidade, que premie a súa actitude positiva nos días de corentena.

Os edís nacionalistas destacan o alto nivel de compromiso e participación do Consello da Infancia e da Adolescencia nos asuntos municipais e, sobre todo, no cumprimento das normativas esixidas nesta nova normalidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies