spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño e Cerveira celebran o seu primeiro campus deportivo conxunto

Tomiño e Cerveira celebran o seu primeiro campus deportivo conxunto

tomino-e-cerveira-celebran-seu-primeiro-campus-deportivo-conxuntoTomiño e Cerveira irmándanse tamén a través do deporte, celebrando o seu primeiro campus deportivo os días 24, 25 e 26 de novembro, esta actividade foi elixida pola cidadanía dentro da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo

O concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira ultiman os preparativos do seu primeiro campus deportivo conxunto, que se celebrará o días 24, 25 e 26 de novembro en instalacións de ambos os dous concellos.

Elixida pola cidadanía dentro da primeira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo, esta iniciativa naceu co obxectivo de educar en valores de tolerancia, cooperación, interculturalidade e respecto entre nenos e nenas dos dous concello e de fomentar o coñecemento cultural e social mutuo, o deporte saudable e a competitividade sen violencia.

O campus arrancará o venres 24 de novembro cunha cerimonia de apertura ás 16.30 horas (hora galega) no pavillón municipal do concello cerveirense e con dous partidos de fútbol amigable entre dous equipos mixtos formados por adolescentes de Galicia e Portugal.

Ao día seguinte, 25 de novembro, o campus continuará cunha actividade de orientación en familia no Parque do Lazer Castelinho, en Cerveira, de 10.15 a 12.00 horas. Xa pola tarde trasladarase ao concello tomiñés, que acollerá un campus de atletismo e unha exhibición de Calistenia na área deportiva de Mosteiro e outro de tenis de mesa no pavillón de Sobrada (de 16.30 a 18.00 horas).

As actividades do domingo 26 estarán reservadas para facer en familia, con natación na piscina municipal de Vila Nova de Cerveira a partir das 11.00 horas e con pilates no pavillón de Goián de 12.30 a 13.30 horas.

Ambas as dúas entidades repartiron máis de 1.500 volantinas coa ficha de inscrición nos distintos centros educativos para que a información chegara ao maior número posible de familias, que poderán escoller entre media ducia de actividades a realizar de forma gratuíta.

O Orzamento Participativo Transfronteirizo trátase dun proxecto pioneiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal incluído na Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

- Publicidade -spot_img