spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño conmemora a Semana do Medio Ambiente con obradoiros, unha exposición e...

Tomiño conmemora a Semana do Medio Ambiente con obradoiros, unha exposición e un roteiro polas árbores senlleiras

Tomiño conmemora a Semana do Medio Ambiente con obradoiros, unha exposición e un roteiro polas árbores senlleirasO mesmo 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, farase a entrega de premios do Concurso audiovisual “Como mellorar a xestión do lixo no meu centro”

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Tomiño quenta motores para conmemorar un ano máis a Semana do Medio Ambiente. Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello organiza do 29 de maio ao 5 de xuño a terceira edición de ‘Tomiño Natural’, cunha morea de actividades que nesta ocasión estarán centradas na xestión do lixo sen perder de vista a emerxencia climática e a contorna natural.

“Queremos achegar á veciñanza a necesidade de coidar o noso medio ambiente, algo que esixe unha acción global e ter en conta moitos aspectos, polo que cada ano dedicamos a nosa Semana do Medio Ambiente a unha temática diferente. Este ano buscamos concienciar ás tomiñesas e tomiñeses da importancia dunha correcta xestión do lixo para traballar contra a emerxencia climática e garantir un futuro sostible”, explica a alcaldesa, Sandra González.

Centos de nenos e nenas de Primaria e Infantil coñeceron “in situ” as árbores senlleiras de Tomiño

A semana de actividades comezará o luns 29 de maio coa exposición no Mercado Municipal de Tomiño de ‘Emerxencia climática, feitos e datos’, unha mostra cedida polo CEIDA que busca achegar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática actual a través de 17 paneis explicativos. A exposición estará aberta ao público ata o luns 5 de xuño.

Xunto á mostra, o Concello porá en marcha dous obradoiros e un roteiro para os que xa está aberto o prazo de inscrición a través da web municipal. Así, o sábado 3 de xuño o salón de plenos con coloquio, haberá unha parte práctica na que aprender a seleccionar e separar residuos e na que se poderá traballar na transformación de residuos e a Praza do Seixo acollerán ás 11.00 horas o obradoiro ‘Reciclamos xuntos’, con Aventura Plástica, un taller para público familiar no que ademais dunha charla teórica en obxectos, como unha buxaina ou un pomo de porta.

Ese mesmo día, ás 19.00 horas, no Parque da Feira as familias poderán desfrutar do espectáculo didáctico e participativo ‘Xogando a reciclar’, un obradoiro teatralizado en clave de clown no que aprender a reciclar dun xeito diferente e divertido.

O domingo 4 de xuño o público poderá desfrutar do Roteiro árbores senlleiras, unha andaina de 4 quilómetros de dificultade baixa a través da que visitar ata sete puntos nos que se atopan algunhas da árbores senlleiras de Tomiño. A saída será ás 10.00 horas dende a Capela de San Roque.

A concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, convida a toda a veciñanza a participar nestas actividades que “permiten concienciarnos sobre a importancia de colaborar e adoptar prácticas respectuosas co medio ambiente para preservar os nosos recursos naturais e minimizar o impacto ambiental para as futuras xeracións”.

Como colofón final, o luns 5 de xuño entregaranse os premios do concurso audiovisual ‘Como mellorar a xestión do lixo no meu centro’, un certame dirixido a asociacións e grupos escolares dos centros educativos tomiñeses. O obxectivo do concurso é achegar a toda a veciñanza, novos e maiores, a importancia dunha xestión do lixo adecuada, reflexionando sobre o impacto que produce o lixo no medio ambiente e facéndoos partícipe da solución.

- Publicidade -spot_img