Inicio Pontevedra Baixo Miño Centos de nenos e nenas de Primaria e Infantil coñeceron “in situ”...

Centos de nenos e nenas de Primaria e Infantil coñeceron “in situ” as árbores senlleiras de Tomiño

centos-de-nenos-e-nenas-de-primaria-e-infantil-coneceron-in-situ-as-arbores-senlleiras-de-tomino

As visitas, organizadas polo Concello e acuBam, forman parte do proxecto escolar “As nosas amigas as plantas”; actividade de educación ambiental, que cada ano se realiza de forma previa á Mostra de Cultivos do Baixo Miño (a celebrarse os días 4 e 5 de marzo, en Goián)

Ó longo de varias semanas, o alumnado dos colexios de infantil (CRA) e primaria de Tomiño (máis de 600 nenos e nenas) descubriron a riqueza medio ambiental do seu municipio, a través de visitas ao entorno do Espazo Fortaleza de Goián e ás sendas próximas, para coñecer unha das maiores concentracións de árbores senlleiras de Tomiño.

Guiados por un experto realizaron un percorrido case circular no que puideron apreciar sobreiros estripeiros, carballos, salgueiros e piñeiros do país.

A actividade remataba cunha visita ao campo do Alivio, preto do centro de Tomiño, onde a escultora búlgara Liliya Pobornikova está traballando nunha monumental escultura, baseada no tronco dunha árbore senlleira caída. Esta escultura ten como obxectivo dar unha nova vida a unha árbore moi querida, e con ela facer unha homenaxe a todas as árbores senlleiras. Este foi un dos puntos preferidos polos escolares, que non pararon de facer preguntas sobre a identidade da obra. Algúns vían nas formas do tronco unha balea; outros unha xirafa ou un tobogán xigante. A escultora, con cen simposiums de escultura no seu haber, dicíalles que estaba ben, que cada un podía ver o que máis lle gustara.

Emocionados co descobremento, levaban para casa trozos da corteza da árbore. A escultura, de formas abstractas, estará terminada nos vindeiros meses e mentres tanto, será posible comprobar como vai avanzando semana a semana.

O proxecto remata cos debuxos que os pequenos farán logo das visitas e que serán expostos na Mostra de Cultivos a principios de marzo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies