Inicio Pontevedra O Salnés A Consellería do Mar, Salvamento Marítimo e a Confraría de Pescadores de...

A Consellería do Mar, Salvamento Marítimo e a Confraría de Pescadores de Cambados colaboran nun exercicio de loita contra a contaminación

a-conselleria-do-mar-salvamento-maritimo-e-a-confraria-de-pescadores-de-cambados-colaboran-nun-exercicio-de-loita-contra-a-contaminacion

A Consellería do Mar, a través de persoal do ente público Portos de Galicia, de Gardacostas e do Intecmar, vén de organizar conxuntamente con Salvamento Marítimo e a Confraría de Pescadores de Cambados un exercicio de loita contra un vertido contaminante, a partir dun simulacro. A actividade, que contou coa presenza do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, tivo lugar esta mañá no porto de Tragove, no municipio cambadés, e permitiu obter novos datos relativos ao funcionamento de equipos para establecer protocolos de resposta ante accidentes ambientais.

O suposto partía dunha vertedura de hidrocarburo na zona das instalacións de varada do peirao de Tragove. Nesta ficticia situación, o produto derramado era fuel tipo IFO 180. Na evolución da contaminación obsérvase que parte do produto queda estendido entre a ramplas da explanada e a escollera do contradique de abrigo e que pequenas concentracións de fuel rebasan as augas portuarias e derivan á ría de Arousa por efecto da marea e da corrente. Seguindo o suposto, as condicións meteorolóxicas provocan manchas fragmentadas pola ría que poden afectar ás bateas e aos bancos marisqueiros, polo que se require a actuación dos equipos de loita anticontaminación da Consellería e SASEMAR, así como da confraría cambadesa.

Segundo explicou o presidente de Portos, “este tipo de exercicios desenvólvense de xeito regular para comprobar a capacidade de resposta dos efectivos e o grao de coordinación e efectividade do seu traballo conxunto”. Neste caso, a actividade permitiu “testar o estado e o bo funcionamento dos equipos e instruír ao persoal participante na utilización dos medios para a loita contra a contaminación no mar por hidrocarburos”, engadiu Durán Hermida.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
299SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies