Tomiño celebra o seu primeiro Consello da Infancia e da Adolescencia

Tomiño segue a dar pasos adiante para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef, celebrando o seu primeiro Consello da Infancia e da Adolescencia.

Tomiño segue a dar pasos adiante para conseguir o selo de Cidade Amiga da Infancia concedido por Unicef, que recoñece o labor dos municipios a prol de mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, a súa participación activa na vida municipal e a promoción e implantación de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos. Nese camiño, Tomiño vén de celebrar o seu primeiro Consello da Infancia e da Adolescencia, no que participaron 7 mozos e mozas, aínda que hai máis persoas interesadas que se irán incorporando nas vindeiras reunións.

Entre as 20 demandas recollidas no campamento urbano de verán, os integrantes do consello decidiron dar prioridade á petición de máis cine ao aire libre, máis acampadas e arranxos nos parques

Neste primeiro encontro, os participantes revisaron as máis de 20 demandas recollidas durante o campamento urbano de verán e acordaron tratar como prioritarias tres peticións concretas. Por un lado, a posta en marcha de máis actividades de cine ao aire libre, incluso contemplando a posibilidade da creación dun cinema. Por outra banda, os mozos e mozas reclamaban que se fixeran máis acampadas e que se amplíe a máis cursos a actividade de Turonia, un campamento urbano con distintas actividades e saídas para coñecer os municipio.

Por último, o Consello da Infancia e da Adolescencia acordou tamén realizar charlas sobre bullyng, machismo, consumo de drogas e LGTBI e dar prioridade aos arranxos dos parques públicos e ao cambio do chan da pista de skate de Goián que “non é axeitado”. A acta recolle que “cando se planifique a realización das obras é bo ter en conta a opinión e demanda de adolescentes que coñecen as características necesarias para un uso óptimo”.

A vindeira reunión establecerase para o mes de xaneiro, o mércores 17 (18.00 h) ou o sábado 20 (17.00 horas) en función de en que data poida participar o maior número de asistentes posibles, xa que neste primeiro encontro houbo moitos mozos e mozas que non puideron acudir por incompatibilidade horaria. Será nese próximo consello no que se decida a organización e se valoren os contidos do regulamento interno.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies