spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaTerras Gauda, Orpagu e Talaso Atlántico únense para ofrecer un Nadal con...

Terras Gauda, Orpagu e Talaso Atlántico únense para ofrecer un Nadal con sabor a mar

Terras Gauda, Orpagu e Talaso Atlántico únense para ofrecer un Nadal con sabor a marTerras Gauda, Orpagu e Talaso Atlántico colaboran por primeira vez e deseñan unha colección de experiencias inspiradas no mar

Bodegas Terras Gauda, Orpagu (Organización de Palangreiros Guardeses) e Talaso Atlántico uniron forzas co obxectivo de ofrecer un agasallo diferente nun Nadal certamente distinto a todas as que vivimos. Desta forma, estas tres empresas do Baixo Miño, cun forte vínculo co mar, colaboran nesta atractiva iniciativa na que cada unha achega a súa experiencia e saber facer en forma de conserva, viño ou experiencia termal.

Neste pack con sabor a mar Orpagu achega a súa liña gourmet, tanto de peixe espada como de atún; Terras Gauda faio con “La Mar“, un viño elaborado cun 97 por cento de uva Caíño Blanco, variedade case desaparecida e recuperada pola adega; e Talaso Atlántico, con percorridos mariños no seu centro de talasoterapia e bañeiras de auga de mar e microalgas. Estas experiencias poderanse regalar este nadal en dous formatos: Mar&Talaso e Gourmet&Relax.

Para Juana Parada, xerente de Orpagu, o interesante desta unión é a posibilidade de brindar aos veciños unha experiencia diferente: “Hoxe máis que nunca é importante coidarnos e creo que esta iniciativa reúne todo o necesario para facelo”.

Iago Becerra, director comercial de Terras Gauda: “A nosa estratexia de sustentabilidade busca cada vez máis ofrecer experiencias de proximidade e para iso é importante buscar sinerxias con empresas da nosa zona”

TERRAS GAUDA

A adega Terras Gauda está situada no Rosal baixo a D.O. Rías Baixas, e o seu principal obxectivo é a elaboración de viños da máxima calidade e con personalidade propia. Ademais da adega do Baixo Miño, o Grupo Terras Gauda conta cunha conserveira vexetal e outras 3 adegas situadas nas principais zonas vinícolas de España e actualmente está presente en máis de 50 países. Terras Gauda

ORPAGU

Recentemente galardoada cos premios Alimentos de España e Excelencias, Orpagu converteuse na organización líder no sector do palangre en Europa, cunha frota formada por 72 barcos que pescan de forma sostible en todos os océanos do mundo. En 2018 lanzaron a súa liña de conservas gourmet e artesanais de peixe espada, a súa gama máis diferenciadora, que completaron despois coas de atún de anzol. Pódense comprar en tendas delicatesen ou a través da súa páxina web. orpagu

Talaso Atlántico

Situado no municipio de Oia, foi recoñecido en 2017 como o mellor Centro de Talasoterapia da Península. Dispón de dirección médica propia e un restaurante de alta cociña dirixido polo chef Javier Fins.

- Publicidade -spot_img