Inicio Vigo e área Vigo Terras Gauda entrega os Premios da 14ª Bienal Internacional de Cartelismo 'Francisco...

Terras Gauda entrega os Premios da 14ª Bienal Internacional de Cartelismo ‘Francisco Mantecón’ a deseñadores de Estonia, Rusía, Paises Baixos, EEUU e Israel

Terras Gauda entrega os Premios da 14ª Bienal Internacional de Cartelismo 'Francisco Mantecón' a deseñadores de Estonia, Rusía, Paises Baixos, EEUU e IsraelEva Unt e Margus Tammik, do estudo de deseño UNT/ TAMMIK ( Tallín, Estonia), son os autores do 1º Premio da 14ª Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón, dotado con 10.000 euros.

O 1º Accésit Autoridade Portuaria de Vigo correspondeu ao artista gráfico Andrey Logvin (Rusia), que atesoura máis de 30 premios en concursos internacionais, é profesor no HSE Art and Design Shool Moscow, membro da Academia Rusa de Deseño Gráfico e da Alliance Graphique International (AGI).

No recoñecido ilustrador Bjorn Nelissen (Países Baixos) recaeu o 2º Accésit. A deseñadora Remi Jeffrey- Coker (EEUU) asina a Mención Especial. Nesta edición, concedeuse unha Mención Extraordinaria a Guil Fridman (Israel). Terras Gauda repartiu 17.000 € en premios.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu o acto, que congregou a máis de 500 personalidades do ámbito cultural, social, político, empresarial e universitario

Os 40 carteis finalistas proceden de 15 países: Alemaña, Brasil, Bulgaria, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estados Unidos, Estonia, Francia, Indonesia, Italia, Países Baixos, Polonia, Rusia e Suíza. Máis de 500 personalidades do mundo cultural, social, político, empresarial e universitario reuníronse na Estación Marítima de Vigo para asistir ao acto, que presidiu Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia. Tamén acudiron o vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda; e os conselleiros de Medio Rural e Sanidade, José González Vázquez e Jesús Vázquez Almuiña.

O presidente do Grupo Terras Gauda, José Mª Fonseca, mostrou a súa satisfacción pola dimensión alcanzada pola Bienal nos cinco continentes e porque o vínculo entre a arte e o viño, a través do cartelismo, converteuse en ponte de unión entre culturas e sociedades diversas: máis de 18.000 traballos, cuxa autoría corresponde a deseñadores de 100 países de todo o mundo, concursaron nestas 14 edicións. Diego Areso, director de Arte do País e O País Semanal e membro do xurado, resaltou o gran nivel das 1.435 obras de deseñadores de 66 nacionalidades que concursaron en 2019.

Terras Gauda entrega os Premios da 14ª Bienal Internacional de Cartelismo ‘Francisco Mantecón’

De Europa foi relevante a participación de deseñadores italianos con 192 obras. Estados Unidos, México, Brasil e Canadá son os países de América que máis obras achegan á Bienal. Do continente asiático, sobresae China, con 82 orixinais. Dúas universidades, a de @Shangai e a de Hankou, na capital da provincia de Hubei, apoiaron o certame coa participación de catedráticos de Belas Artes e os seus respectivos grupos de alumnos en 2019, do mesmo xeito que a Bauhaus Universitat Weimar, e as estadounidenses SCAD Savannah, a Academy of Art da Universidade de San Francisco e a de Nova York en diferentes edicións.

EUROPA: ALEMAÑA, ANDORRA, AUSTRIA, BÉLXICA, BIELORRUSIA, BOSNIA E HERCEGOVINA, BULGARIA, CHIPRE, CROACIA, DINAMARCA, ESLOVAQUIA, ESLOVENIA, ESPAÑA, ESTONIA, FINLANDIA, FRANCIA, XEORXIA, GRECIA, IRLANDA, ISLANDIA, ITALIA, LETONIA, LITUANIA, MOLDAVIA, NORUEGA, PAÍSES BAIXOS, POLONIA, PORTUGAL, REINO UNIDO, REPÚBLICA CHECA, ROMANÍA, RUSIA, SERBIA, SUECIA, SUÍZA, TURQUÍA AMÉRICA: ARXENTINA, BRASIL, CANADÁ, COLOMBIA, #ECUADOR, ESTADOS UNIDOS, MÉXICO, PERÚ, PORTO RICO, REPÚBLICA DOMINICANA, URUGUAI, VENEZUELA ASIA: BANGLADESH, CHINA, INDIA, INDONESIA, IRÁN, ISRAEL, XAPÓN, SINGAPURA, SRI LANKA, TAILANDIA, TAIWAN ÁFRICA: CAMERÚN, MAURICIO, MOZAMBIQUE, NIXERIA, SUDÁFRICA OCEANÍA: AUSTRALIA, NOVA ZELANDIA

O presidente do Grupo Terras Gauda, José Mª Fonseca Moretón, encabezou o xurado, integrado, ademais, polo director xeral, Enrique Costas; os profesionais do Deseño Gráfico Javier Xaén e Diego Areso, Santiago Bacariza, en representación de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón, Miguel Palmeiro, do estudo portugués United By, gañador da edición anterior, e Paulino Novo, secretario. Javier Xaén e Diego Areso son os profesionais do Deseño Gráfico que formaron parte do comité de valoración.

PREMIADOS
1º PREMIO: Eva Unt y Margus Tammik (Estonia)
1º ACCÉSIT Autoridad Portuaria de Vigo: Andrey Logvin (Rusia)
2º ACCÉSIT: Bjorn Nelissen (Países Bajos)
MENCIÓN ESPECIAL: Remi Jeffrey-Coker (EEUU)
MENCIÓN EXTRAORDINARIA: Guil Fridman (Israel)

CONCURSO RESTRINXIDO CON TURISMO DE GALICIA Terras Gauda e Turismo de Galicia afianzaron o seu vínculo creando un concurso restrinxido, ao que unicamente accederán os 40 finalistas e premiados do Francisco Mantecón. O obxectivo: deseñar o cartel para promocionar as 9ª s e 10ª s xornadas de portas abertas ás adegas das cinco denominacións de orixe galegas.

O prazo para presentar as obras en formato dixital finaliza o 30 de decembro. Ambos os premios están dotados con 5.000 euros en metálico cada un. O xurado deste concurso, presidido por Nava Castro, reunirase en xaneiro de 2020. Está integrado, ademais, polos recoñecidos deseñadores gráficos Javier Xaén e Diego Areso.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies