spot_img
InicioGaliciaA CoruñaTeresa Portela reina nunha histórica Gala do Piragüismo Gallego

Teresa Portela reina nunha histórica Gala do Piragüismo Gallego

Teresa Portela reina nunha histórica Gala do Piragüismo Gallego
2021-12-04 Foto autoridades cos medallistas olímpicos (Foto Pedro Seoane)

O peso do piragüismo como deporte en Galicia e a nivel nacional, resúmeno tres medallas e un diploma olímpico, e decenas de medallas en mundiais e europeos… dunha Federación que segue batendo rexistros de licenzas

O Auditorio Afundación de Vigo foi o espléndido marco que acolleu na tarde do sábado unha histórica Gala do Piragüismo Gallego, nesta ocasión encadrada no evento referente da náutica española, a Semana Abanca que organizaron a Federación Galega de Piragüismo, o Club Marítimo de Vigo e o Club de Piragüismo Olívico.

Os momentos de maior expectación sen dúbida vivíronse cando Teresa Portela, a única deportistas española que xa participou en seis Xogos Olímpicos, recibía o seu galardón acompañada polas tamén medallas olímpicas: o cangués Rodrigo Germade, o betanceiro Carlos Arévalo, o paralímpico rianxeiro Adrián Mosquera, e a diploma olímpico Antía Jacome (que recibía a súa nai, por serlle imposible vir á Gala)… que lles foron entregados polo concelleiro vigués Manel Fernández, por José Ramón Lete Lasa como secretario do deporte galaico, José Alfredo Bea máximo responsable do piragüismo en Galicia, Walter Alvarez, representante da Semana Abanca e polo novo presidente da Española de Piragüismo, o asturiano Javier Hernanz.

Diego Viaño de Televisión de Galicia, foi o encargado de levar a batuta da Gala, o que non foi nada fácil, pois se entregaron en total 73 galardoes… produto non da esaxeración do Xurado presidido por Bea, senón polo importantísimo momento que vive este deporte en Galicia: tres medallas olímpicas, un diploma olímpico, quince medallas en mundiais e outras tantas en europeos, falan por si só.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a pesar de ter un compromiso ineludible non quixo faltar á Gala… e foi o que abriu o acto, á vez que ao terminar a súa intervención quixo pousar cos tres medallistas galegos. O primeiro galardón da tarde era para o Club Náutico Firrete de Pontedeume, como campión da liga Provinicial da Coruña… ao que seguían os outros vencedores Fluvial de Lugo, Fluvial de Avión-Castrelo de Miño ourensán e o pontevedres Club Breogán do Grove.

Tras eles os campións de Kaiak… comezando polo ferrolán Polo Copacabana, como absoluto de Kaiak Polo… pola súa banda os clubs de Cambados e Vigo facíanse cos outros campionatos da especialidade.

Teresa Portela reina nunha histórica Gala do Piragüismo Gallego
2021-12-04 Foto de familia (Foto Pedro Seoane)

En augas bravas os mellores eran o Penedo de Tui e o Montaña Quixós de Monforte… mentres que as ligas por idades eran para Fluvial de Lugo, Ría de Betanzos, Ciudad de Pontevedra, Náutico Pontecesures e Fluvial de Avión. Por certo o Ciudad de Pontevedra obtiña a vitoria en seis dos apartados!.

De aí ao seguinte bloque con mención para Marta Felpeto por ser xuíz en Tokio; os medallistas no mundial de maratón: Romero, Campos, Tania Fernández, Tania Alvarez, Ivan Alonso e Jaime Douro… ou os europeos Valeria Oliveira, Pablo Crespo, Ivan Fernández e Xoel García. Pechando os medallistas europeos… con outra longa lista de galardoados.

No apartado de mencións, Xacobeo levaba o máis descatacado como patrocinador, premio que recibía Nava Castro, directora da axencia de turismo galega, así como Coca Cola e Murimar. No apartado de medios eran Marca e Faro, os distinguidos nesta ocasión, mentres que completaban recoñecementos varios este grupo: caso ao Fluvial de Lugo, ao Ciudad de Pontevedra ou ao Fluvial O Barco.

Xa na recta final foi recoñecida o labor de Nerea Alonso como árbitra galega, Miguel Angel Villanueva adestrador do Ciudad de Pontevedra, Daniel Brage preparador de Teresa Portela ou Padín, que o é de varios olímpicos. Completaron a longa lista os medallistas xuvenís en mundiais e europeos… e a numerosa foto de familia. Unha Gala para non esquecer, polos numerosos éxitos dos nosos piragüistas.

- Publicidade -spot_img