Inicio Pontevedra Baixo Miño Teresa Portela prata na Copa do Mundo de Duisburg

Teresa Portela prata na Copa do Mundo de Duisburg

Teresa Portela prata na Copa do Mundo de Duisburg
Teresa Portela

A padeeira natural de Cangas do Morrazo, Teresa Portela, fíxose esta mañá coa medalla de prata na final de K1 200 metros da 2º Copa do Mundo de Duisburg.

Esta presea daralle moita confianza para as próximas citas internacionais e é un respaldo indubidable para a súa preparación para o mundial de Agosto, no que estará en xogo a súa clasificación para os xogos de Tokio 2020 que é o seu principal obxectivo. Portela, con crono de 40 segundos e 519 milésimas tan só foi superada pola danesa Emma Jorgensen, a terceira posición sería para a sueca Linnea Stensils.

Ademais, Carlos Arévalo competía na final de K1 200 na que terminou en novena posición. O deportista de Betanzos xogábase a súa clasificación para o mundial de Hungría co zamorano Garrote, o mellor clasificado dos dous conseguiría o premio, que finalmente foi para Carlos Garrote que terminou en cuarta posición da final.

TerCopa do Mundo de Duisburg

A actuación galega completárona, Roi Rodríguez que finalizaba en cuarto lugar na final B de K1 1000 metros. Esta circunstancia obrígalle a realizar outro control selectivo que terá que gañar para poder acudir ao mundial. O seu compañeiro de equipo Pedro Vázquez competía nas semifinais de K2 1000 metros xunto a Pelayo Roza, na que terminaron en cuarto lugar conseguindo a clasificación para a final B.

A embarcación C2 de Sergio Vallejo e Adrián Sieiro logrou clasificarse para a final despois de conseguir a terceira posición na súa semifinal. Mañá ás 12:07 disputarase a carreira polas medallas.

Por último, a parella formada pola pontevedresa Antía Jácome e Patricia Coco fíxose cun sitio na final de C2 500 metros. A parella española terminaba en terceira posición na súa semifinal, logrando así estar na final de medallas que se disputará mañá ás 11:33.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies