O Concello de Baiona organiza por terceiro ano consecutivo o Mercado Antigo de Sabaryz coa intención de dar a coñecer a historia duns dos mercados máis antigos de Galicia.
Terá lugar o vindeiro mércores 1 de maio de 2019 na Praza Vitoria Cadaval e en practicamente toda a Avda. Julián Valverde. Dende o Concello de Baiona queren transmitir o seu agradecemento a colaboración dos comerciantes de Sabarís que fan posible a posta en escena dun variado mercado con oficios antigos, artesanía e mercadurías da época, postos de comida, música, teatro , maxia, talleres, etc. coa intención de rememorar un dos asentamentos de mercadores con máis historia de Galicia.
Ademais este ano como novidade haberá tamén unha demostración do xogo de birlos celta e do xogo da chave por parte do Club de Birlos A Rega de Sabarís, na cal exhibirán como se desenvolven estes tradicionais xogos e animarán ao público a que participe neles. O xogo de birlos é probablemente a máis antiga modalidade deportiva das que se practican no municipio, cunha antigüidade de ao redor de dous séculos, por iso pareceunos interesante tela presente nesta edición do antigo mercado.
O MERCADO
A primeira noticia histórica deste mercado remóntase a 1736 onde aparece escrito nun documento antigo, que na ponte de Sabaryz producíanse asentamentos de mercadores e comerciantes, que burlando a Real Provisión que os Reis Católicos concedéranlle a Monte Real en 1497, tentaban vender os seus produtos nos camiños de acceso a Baiona ou agrupándose en lugares como San Antón, El Burgo, a Rúa Real e a ponte de Sabarís, onde eran reiteradamente dispersados e sancionados pola autoridade local.



