spot_img
InicioPontevedra e ÁreaTerceira edición do Festival da Arte Rupestre de Galicia-Laeros

Terceira edición do Festival da Arte Rupestre de Galicia-Laeros

terceira-edicion-do-festival-da-arte-rupestre-de-galicia-laerosLuis López sinala o patrimonio arqueolóxico da provincia como unha oportunidade para diversificar e facer máis atractiva a oferta turística das Rías Baixas

Revista Cousas De Nº22

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou o pasado mércores na presentación da terceira edición do Festival da Arte Rupestre de Galicia-Laeros, que se celebra este domingo no parque arqueolóxico de Campo Lameiro. O mandatario provincial, que estivo acompañado polo alcalde Carlos Costa, destacou a importancia deste evento preservar e divulgar a riqueza arqueolóxica da provincia, así como para diversificar a oferta turística e cultural dos concellos.

A celebración, que conta no seu programa con propostas lúdicas, gastronómicas e divulgativas; está programada para este domingo, 18 de agosto, no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. O acontecemento máis agardado será, un ano máis, o xantar popular no que os asistentes degustarán preto de 40 costillares de vacuno ao espeto nunha contorna natural de gran valor como é este parque. Así mesmo, unha das novidades do festexo pasa por unha demostración de cociña prehistórica a cargo do especialista en didáctica e arqueoloxía, Pedro Cura. Do mesmo xeito, están previstas recreacións de diferentes prácticas da Idade de Bronce, nas que colaborará a Asociación Boquique de León.

A Deputación amosa o seu apoio a unha celebración que non só pon en valor o patrimonio arqueolóxico da provincia e atrae a visitantes a rincóns do interior da provincia. Tamén é destacable a implicación do tecido asociativo e veciñal do Concello na organización dunha festa que medra cada ano. Unha mostra desta implicación está na participación da comunidade escolar do CEIP Cerviño, que levarán unha mostra de varios xogos inspirados na arte rupestre de Campo Laimeiro ao festival.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A terceira edición do Festival da Arte Rupestre de Galicia-Laeros supón unha mostra da variada e rica oferta turística coa que conta as Rías Baixas que mestura a súa beleza natural e paisaxística coa súa riqueza histórica e arqueolóxica unha celebración que tamén é “unha experiencia 100 % Rías Baixas”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.