spot_img
InicioPontevedra e Área400 establecementos da provincia de Pontevedra sumáronse á campaña “No Caminas Sola”

400 establecementos da provincia de Pontevedra sumáronse á campaña “No Caminas Sola”

400-establecementos-da-provincia-de-pontevedra-sumaronse-a-campana-no-caminas-solaO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reivindicou o compromiso do Goberno de España cun Camiño de Santiago libre de violencias machistas. Fíxoo na presentación da campaña anual No Caminas Sola, que se desenvolve durante o verán para garantir a seguridade das mulleres que peregrinan polas distintas rutas xacobeas.

Revista Cousas De Nº22

O acto informativo tivo lugar no albergue de peregrinos de Briallos, no concello de Portas, onde Losada estivo acompañado polo alcalde, Ricardo Martínez, a concelleira de Igualdade, Chus Fontán, a concelleira de Cultura, Ana María Peña, e outros membros da corporación, así como polo Coronel da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal e polo Comisario de Vigo- Redondela, Ramiro José Gómez. A oficina móbil de atención ao peregrino da Garda Civil tamén estivo presente no acto.

O subdelegado explicou que a iniciativa No Caminas Sola ofrécelles ás peregrinas toda a información sobre os servizos de emerxencias e os recursos das Forzas e Corpos de Seguridade aos que poden acudir ao longo do Camiño. Nesta liña, agradeceu a colaboración dos 400 establecementos da provincia que se suman á campaña. Entre todos eles a Subdelegación repartiu máis de 400 carteis e 8.300 tarxetas informativas en puntos como albergues, oficinas de turismo, oficinas de Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local, centros de saúde, hospitais e farmacias dos concellos polos que pasan as rutas xacobeas que percorren a provincia.

Non obstante, Abel Losada convidou a outros establecementos e empresas a sumarse aos 398 puntos de información actuais da provincia, que dispoñen de carteis e  tarxetas impresas en español, inglés e galego e que ademais incorporan un código QR que lle da acceso aos recursos dispoñibles e información sobre violencia de xénero.

O subdelegado explicou tamén que “contamos coa aplicación AlertCops, que podemos instalar facilmente no móbil, e que permite comunicar alertas en tempo real e enviar a xeolocalización”.

Abel Losada destacou que “son cada vez máis as mulleres que por diversos motivos realizan esta peregrinación e estamos vendo como ano tras ano a súa presenza vai a máis”. De feito representan xa o 53% das persoas que fan o camiño, “mulleres que en moitos casos camiñan soas e sen compañía”, indicou o subdelegado, que salientou a seguridade como “un elemento social, político e económico fundamental do Camiño de Santiago”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

 

O subdelegado tamén aproveitou para explicar e poñer en valor o traballo, que realizan nesta campaña tanto a Garda Civil e Policía Nacional, así como agradecer a implicación na mesma do Colexio de Farmacéuticos e Farmacéuticas de Galicia. “Esta campaña enmárcase dentro da acción de Goberno de traballar por unha sociedade máis igualitaria, un entorno máis seguro e, polo tanto, máis libre para todas as mulleres. O noso compromiso é seguir traballando para que nun futuro próximo, non sexan necesarias este tipo de iniciativas”, concluíu.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.