spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoDisCamino, 15 anos rompendo estereotipos a golpe de pedal

DisCamino, 15 anos rompendo estereotipos a golpe de pedal

discamino-15-anos-rompendo-estereotipos-a-golpe-de-pedalO Concello do Porriño e DisCamino traballan en varias actividades conxuntas no municipio para que todo o mundo coñeza e participe do labor que desenvolve esta asociación

Revista Cousas De Nº22

DisCamino naceu no 2009 da man de Javier Pitillas e Gerardo, un mozo sordocego de Vigo que fixo o seu primeiro Camiño de Santiago pedaleando sobre un Copilot (triciclo tándem). Unha vez alcanzaron a Praza do Obradoiro Gerardo díxolle “Javier, busca a máis persoas con problemas coma min para facer o Camiño moitos anos”. E nese momento, comezou esta aventura que xa conta con preto de 200 usuarios e usuarias e un gran equipo de apoio e intendencia.

Os seus principais obxectivos son fomentar a actividade físico deportiva nas persoas con discapacidade e axudar a que todas as persoas que queiran poidan completar unha peregrinación a Santiago de Compostela. Pero DisCamino non é so a ruta, tamén a preparación física e mental necesaria para levar a cabo este reto e a ilusión de implicarse en algo que de seguro cambiará a vida de quen o experimente.

Para iso, durante todo o ano realizan sesións de adestramento como á que se sumou o alcalde do Porriño. As persoas interesadas poden participar, os martes, xoves e sábados e pedalear durante unha hora, con bicis e sillas de montaña adaptadas. Todos os domingos faise tamén unha saída máis larga con sillas de rodas de montaña.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, subiuse á bici para participar dun dos adestramentos de DisCamino, unha asociación que desafía os límites e fai posible que persoas discapacidade sensorial, física ou intelectual cumpran o seu soño de peregrinar a Compostela e vivan esta aventura como calquera outro peregrino.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

“Non teño máis que palabras de agradecemento e admiración a todas/os eles/as, a Bea, Silvia, a todos os que rodaron conmigo e por suposto a Javier Pitillas, persoas como eles fan deste mundo un lugar mellor”, concluíu Lorenzo explicando que “Por iso terán sempre a man tendida do noso Concello para todo o que necesiten. De feito xa estamos argallando varias actividades conxuntas no Porriño para que todo o mundo coñeza e participe do inmenso labor que fan”.

- Publicidade -spot_img