spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaTerceira edición do Concurso de fotografía e vídeo “Imaxes con fondo”

Terceira edición do Concurso de fotografía e vídeo “Imaxes con fondo”

O concello de A Guarda, como socio colaborador do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, quere animar a todos os guardeses e guardesas a participar na terceira edición do Concurso de fotografía e vídeo “Imaxes con fondo” que este organiza.

O obxectivo desta iniciativa é crear conciencia crítica á vez que se contribúe a crear unha cidadanía global que defenda os Dereitos Humanos. Para isto todo o que o desexe poderá presentar fotografías ou vídeos que inviten á reflexión.

Imaxes con fondoNeste terceiro ano a temática é a Interculturalidade. Así, os traballos fotográficos e audiovisuais presentados deberán poñer en valor aspectos positivos da mestura entre nacionalidades e culturas, denunciar a discriminación, promover o respecto, desmontar estereotipos, amosar accións a favor dos migrantes e refuxiados, etc.

O concurso está aberto a todos os que queiran presentarse de 14 anos en diante, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento en Galicia. Hai dúas seccións, unha de fotografía e outra de vídeo para as dúas categorías de idades. Estas son a categoría xuvenil, dos 14 ós 17 anos e a adulta, de 18 en adiante. Os premios son:

  • Para a categoría xuvenil:

1º Premio: Cámara de fotografía/vídeo.
2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto.
3º Premio: Lote de películas de temática social.

  • Para a categoría de persoas adultas:

1º Premio. Viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico/audiovisual.
2º Premio: Cesta de produtos de comercio xusto.
3º Premio: Lote de películas de temática social.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 15 de outubro para presentar as obras e demais documentos requiridos nas bases a través do enderezoimaxesconfondo@gmail.com. Para máis información poden contactar no mesmo correo electrónico ou no teléfono 986 843 436.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.