spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán conclúe os actos da semana mundial do Medio Ambiente cunha xornada...

Nigrán conclúe os actos da semana mundial do Medio Ambiente cunha xornada educativa e de limpeza de especies invasoras nas dunas de Praia América

nigran-conclue-os-actos-da-semana-mundial-do-medio-ambiente-cunha-xornada-educativa-e-de-limpeza-de-especies-invasoras-nas-dunas-de-praia-america

Será este sábado de 10.00 a 12.00 horas e estará dirixida polo doutor en Bioloxía Juan Hermida, impulsor da recuperación deste espazo

O Concello de Nigrán conclúe este sábado os actos conmemorativos da semana mundial do Medio Ambiente cunha xornada educativa de  limpeza de especies invasoras nas dunas de Praia América. A actividade estará dirixida polo doutor en Bioloxía Juan Hermida, gran impulsor da recuperación deste espazo no goberno de Efren Juanes e quen ofrecerá aos asistentes información polo miudo das principais ameazas a este ecosistema dunar. Os interesados en participar deben presentarse ás 10.00 horas na oficina de Turismo de Gaifar (Panxón). A duración estimada é de duas horas e o Concello proporcionará os medios para a recollida, sendo recomendable que se asista con roupa e calzado cómodos.

Entre as principais prantas foráneas atópase a conyza canadensis coñecida como herba carniceira, cortadeira selloana ou herba da Pampa e arctotheca caléndula ou margarita africana. Estas tres especies son moi habituais en toda a franxa costeira de Galicia e norte de Portugal dende hai xa décadas. “O problema que xeneran é que se espallan rapidamente, impedindo que crezan as especies autóctonas. Todo elo repercute nunha menor biodiversidade no sistema dunar non só de plantas, senón tamén de fauna, xa que non atopan os ingredientes fundamentais dos que alimentarse. Ao fin é todo unha cadea e a biodiversidade contribúe a conservar as dunas que, en definitiva, son as responsables de fixar o areal”, sostén Hermida.

O biólogo Juan Hermida destaca que o ecosistema dunar de Panxón é especialmente rico en biodiversidade, atopándose ducias de especies diferentes entre  as que destaca a scrophularia frutescens, sysimbrium officinale, pancratium maritimum ou eryngium maritimum.  O ecosistema conta con representacións de hábitats do tipo dunas marítimas das costas atlánticas e do mar do Norte e do Báltico, dunas móbiles embrionarias, dunas brancas e dunas costeiras fixadas con vexetación herbácea, coñecidas como dunas grises. Tamén están presentes diversos taxones de fauna, así como hábitats de interese comunitario entre os que destacan especies vulnerables como a píllara das dunas ou a salamandra, entre outras.

O proxecto de recuperación dunar, comezado no ano 2005 e especialmente impulsado a partir do ano 2007 co goberno de Efrén Juanes, obtivo en 2009 un premio da Fundación Biodiversidad, dotado con 50.000 euros. O espazo forma parte asemade do Inventario de Sistemas Dunares de España da Dirección Xeral de Costas. Actualmente ocupa un espazo de 35,000 metros cadrados e está pendente da súa declaración como Espacio Natural de Interés Local (ENIL).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.