A vida de frei Rosendo Salvado, misioneiro benedictino do século XIX, chegará este outono por primeira vez á pequena pantalla a través da serie ‘Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia’, nova aposta documental de Televisión de Galicia (TVG), dirixida por Valentín Carrera, cuxo rodaxe comeza a próxima semana en Tui e continuará en xullo en Perth (Australia Occidental).
Ademais de fundador e abade perpetuo da misión de Nova Nursia, Rosendo Salvado —nacido en Tui en 1814— foi viaxeiro, músico, escritor, emprendedor, teólogo, humanista, precursor da homeopatía e botánico, cunha vida tan apaixonante como descoñecida, dentro e fóra de Galicia, cuxas aventuras compiten cos grandes exploradores dos séculos XVIII e XIX como Cook, Darwin, Humboldt ou Livingstone, a quen coñeceu nunha das súas escalas en Sudáfrica.