spot_img
InicioBaixo MiñoManu Ochoa vence no Preolímpico de Caiac Cros e dálle a España...

Manu Ochoa vence no Preolímpico de Caiac Cros e dálle a España a praza para os Xogos de París 2024

manu-ochoa-vence-no-preolimpico-de-caiac-cros-e-dalle-a-espana-a-praza-para-os-xogos-de-paris-2024O tomiñés impúxose con autoridade na final ao padeeiro alemán e ao francés. Con esta vitoria, España logra praza no Caiak Cros masculino de París

Revista Cousas de nº21

Do 7 ao 9 de xuño celebrouse na canle da augas bravas do río Moldava, en Praga, a segunda Copa do Mundo de Slálom. Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, foi convocado coa selección nacional como integrante do equipo de caiac cross.

manu-ochoa-vence-no-preolimpico-de-caiac-cros-e-dalle-a-espana-a-praza-para-os-xogos-de-paris-2024

A competición desta nova e emocionante modalidade do slálom adquiriu gran importancia en Praga, pois estaban en xogo seis prazas para os xogos olímpicos de París. Os mellores especialistas do mundo de cross acudiron ao evento no intento de acadar unha delas para o seu país.

O caiac cross comeza sempre cunha contra reloxo, neste caso pasaban os 41 mellores dos oitenta participantes. O teixugo Manu Ochoa entrou con comodidade ao rematar undécimo na tarde do sábado.

manu-ochoa-vence-no-preolimpico-de-caiac-cros-e-dalle-a-espana-a-praza-para-os-xogos-de-paris-2024

O domingo tiveron lugar os enfrontamentos, catro deportistas fan a vez o circuíto, os dous primeiros pasan a seguinte fase e os dous últimos quedan eliminados. Ata catro enfrontamentos superou Ochoa para meterse nas finais. Nestes momentos xa sabía que unha das prazas olímpicas era para España, pois na final metéranse dous franceses e so era posible unha praza por país. Na final enfrontouse os franceses Neveu e Madore e o xermano Roeller, dende o primeiro momento estivo en cabeza, gañando con claridade aos tres.

Agora, o equipo técnico español, deberá decidir que padeeiro é o elixido para representar a España nesta nova modalidade olímpica, as posibilidades están entre Pau Echaniz, que loitará en París en K1, David Llorente, que en Praga fixo Final B e foi bronce no europeo de Tacen, e Manu Ochoa, que conseguiu o ouro no Preolímpico.

Primeira medalla de ouro nunha Copa do Mundo para Manuel Ochoa en caiac cross, primeira tamén para España nesta nova modalidade que gaña adeptos pola súa espectacularidade.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Nova praza olímpica para España, aínda que falta determinar cal será o deportista que a ocupe. A seguinte cita internacional de Ochoa será o 15 e 16 de xuño en Cracovia, na terceira Copa do Mundo, e, de novo, só en cross.

- Publicidade -spot_img