spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAlmeida exerce de padriño na XXXII Festa da Langosta e da Cociña...

Almeida exerce de padriño na XXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda

almeida-exerce-de-padrino-na-xxxii-festa-da-langosta-e-da-cocina-marineira-da-guardaA XXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que celebrarase o 5, 6 e 7 de xullo no porto da Guarda ten como padriño ao alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida 

Revista Cousas de nº21

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, xunto co tenente alcalde, Óscar Alonso, e dous representantes de restaurantes locais desprazáronse ata Madrid para presentar unha das festas máis recoñecidas da vila, a XXXII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. O acto tivo lugar na Casa de Galicia de Madrid, onde foron acollidos polo seu director, Javier Vázquez.

Máis de 100 asistentes comprobaron a calidade dos produtos que se ofertarán na festa: a protagonista, a langosta, mais tamén a rosca de xema, percebes, viño do Rosal… Entre os invitados estaban autoridades como Marta Rivera de la Cruz, exconselleira de Cultura, Turismo e Deportes da Comunidade de Madrid; diversos concelleiros de Madrid, e numerosos profesionais relacionados co sector turístico e gastronómico, moitos dos cales descoñecían a vila e a súa festa e quedaron sorprendidos pola súa beleza.

Roberto Carrero presumiu dos encantos guardeses, tanto das súas paisaxes e historia como da súa xente. Tamén quixo recordar a todas aqueles galegos que viven en Madrid e  regresan cada ano durante as súas vacacións. Para rematar a súa intervención, invitou a todos a visitar A Guarda, xa que “A Guarda e a súa festa deixan pegada”.

Pola súa parte, o alcalde da capital, José Luis Martínez-Almeida exerceu como padriño desta edición, e dedicou numerosos eloxios á vila galega. Almeida confesou que tras realizar todas as rutas do Camiño de Santiago, a que máis desfrutou foi precisamente a que comezou desde A Guarda ata Mougás. Ademais, agarda volver á vila para desfrutar de novo da súa gastronomía.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A tradicional cita gastronómica celebrarase os días 5, 6 e 7 de xullo no porto da Guarda. Haberá unha carpa de 1.000 metros cadrados que acollerá o lugar de degustación dos produtos dos catro restaurantes participantes: Casa Olga, O Cangrexal, O Roxo e Xeito. Ademais da protagonista, a langosta, os asistentes poderán probar ata 20 produtos do mar como camaróns, mexillóns, cigalas ou vieiras e pratos máis elaborados como o polbo á feira, paella mariñeira, choco guisado, empanadas ou croquetas.

Iso non é todo, xa que como sobremesa ofrecerase a típica rosca de xema guardesa e a Adega Gran Novás ofertará dous tipos de viños, Albariño e O Rosal, ambos con Denominación Rías Baixas.

A parte da oferta gastronómica, a oferta cultural e de entretemento será ampla para acompañar eses días no porto guardés. Ao longo do mes iranse coñecendo as actividades e actuacións que se agardan para esa fin de semana.

- Publicidade -spot_img