spot_img
InicioVal MiñorBaionaVolve Son do Casco, o festival que encherá de música as rúas...

Volve Son do Casco, o festival que encherá de música as rúas do casco vello de Baiona

volve-son-do-casco-o-festival-que-enchera-de-musica-as-ruas-do-casco-vello-de-baionaPor noveno ano consecutivo Baiona organiza dentro da programación Baiverán 2024, a Ruta Musical “Sons do Casco”, co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de ocio baionesa.  

Revista Cousas de nº21

Dende as concellerías de Festexos e Comercio de Baiona, damos deste xeito, o pistoletazo de saída á programación estival que abrangue dende xuño ata setembro, no que a Concellería de Festexos, dirixida por Ruth Álvarez González, está perfilando los ultimando os detalles de cara á presentación oficial que en breves días darase a coñecer.

Esta nova edición da ruta musical que terá lugar os días 15 e 16 de xuño, leva consigo unha fin de semana repleto de música en directo no que participarán un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, folk, country, flamenco, pop-rock, rock and roll etc. que pretenderán encher de música as 9 prazas e rúas máis emblemáticas e senlleiras do casco histórico baionés como son: Padre Fernando, Ventura Misa, Diego Carmona, Lorenzo de la Carrera, Xogo da Bola, os Xardíns da Casa da Navegación, a Praza Fonte de Zeta, a Alameda Carabela Pinta e a rúa San Xoán.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O Concello de Baiona organiza esta actividade xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) e co apoio institucional da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Plan + Provincias 2024

- Publicidade -spot_img