Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo Técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar estudarán a viabilidade...

Técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar estudarán a viabilidade de acometer reformas na lonxa de Aldán, en Cangas

Técnicos-Consellería-Medio-Rural-Mar-estudarán-viabilidade-acometer-reformas-lonxa-Aldán-CangasO patrón maior trasladoulle á directora a necesidade de realizar obras para illar o edificio da lonxa e de instalar unha cámara de conxelado, entre outras

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, reuniuse esta mañá co patrón maior da confraría de pescadores de Aldán, Juan Manuel Gregorio, e co alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, para coñecer o estado do edificio da lonxa de Aldán, en Cangas.

Durante a xuntanza, na que o patrón maior trasladou as necesidades que ten o edificio, a directora xeral comprometeuse a estudar a viabilidade de acometer reformas na lonxa. Para iso, nas vindeiras semanas, técnicos da Consellería desprazaranse ata o edificio para comprobar o seu estado.

Se ben o patrón maior informou á directora xeral de que o patio de poxas é suficiente e non necesita ampliación de superficie, si sería necesario, segundo comunicou á directora, acometer obras na parte interna do edificio da lonxa para illalo. Tamén lle trasladou a necesidade de distribuír o espazo para as oficinas, de adecuar a aula de formación e de deseñar os circuítos para adaptalos aos requirimentos de sanidade e dotar ao edificio de eficiencia enerxética. Ademais o patrón maior tamén puxo en coñecemento da directora a necesidade de instalar na lonxa unha cámara de conxelado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies