Inicio Vigo e área Redondela Os usuarios das bibliotecas municipais de Redondela escolleron, un ano máis, as...

Os usuarios das bibliotecas municipais de Redondela escolleron, un ano máis, as súas lecturas predilectas entre as obras publicadas no 2014

Gañadores-premiados-elección-Libro-do-Ano-RedondelaAs bibliotecas municipais de Redondela promoven cada ano a elección do Libro do Ano entre os seus usuarios, tanto adultos coma infantís. Estes distinguen cos seus votos as súas obras predilectas entre as editadas o ano anterior. O misterio e o romance no caso dos adultos e o humor, o drama e a fantasía entre os máis novos, son os xéneros que se impuxeron este ano, ao mesmo tempo que, por segundo ano consecutivo, un cómic se fixo cun dos postos de honra.

Libros gañadores:
Adultos: “La mirada de los ángeles”, de Camilla Läckberg, na Biblioteca Municipal, e “El jardín a la luz de la luna” de Corina Bomann, na Axencia Municipal de Lectura de Chapela.
Infantil/Xuvenil: Na Axencia Municipal de Lectura de Chapela, a serie “Diario de Greg”, un clásico nas preferencias do público xuvenil que resultou gañador en diversas edicións do Libro do Ano, na Biblioteca Municipal, un empate entre o conto inspirado na curtametraxe gañadora dun Goya, “Cuerdas” e o cómic de fantasía heroica “Parvaterra” de Raúl Arnáiz que se ben naceu como un proxecto de animación acabou decantándose e triunfando como un espectacular cómic.
Entre todos os participantes na votación do Libro do Ano, realízase un sorteo dos títulos gañadores, resultando agraciados nesta edición:

Adultos: Xurxo Ojea Docampo e Rocio Gallego Domínguez

Gañadores e premiados-elección Libro do Ano-Redondela

 

 

 

 

 

Infantil/Xuvenil: Iago García Araújo e David Villar Piñeiro

Gañadores e premiados-elección Libro do Ano-Redondela

Gañadores e premiados-elección Libro do Ano-Redondela

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies