spot_img
InicioVal MiñorNigrán'Teatro do Ar' actuará no Festival Transfronteirizo de Teatro de Viana do...

‘Teatro do Ar’ actuará no Festival Transfronteirizo de Teatro de Viana do Castelo

'Teatro do Ar' actuará no Festival Transfronteirizo de Teatro de Viana do CasteloO grupo de Nigrán presentará este domingo ás 16.00 horas portuguesa a súa obra Lonxe dos teus abrazos no auditorio da cidade lusa

Revista COUSAS DE nº14

O grupo de mozos e mozas de Nigrán, Teatro do Ar, continúa a levar as súas obras alén do Val Miñor, agora saltará a outra beira do río Miño para presentar a súa creación, Lonxe dos teus abrazos, no Festival Transfronteirizo de Teatro Amador de Viana do Castelo. A peza foi seleccionada pola organización de Teatro do Noroeste e o Centro Dramático de Viana para representar á Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) nesta festa das artes escénicas que reúne compañías de Castela e León, Galicia e Portugal.

“Lonxe dos teus abrazos” é unha comedia romántica que nos mostra a dificultade dunha relación a distancia dun mozo e unha moza que soñan e queren ter unha vida adulta, pero que non rematan de adaptarse ao que se lles prometeu cando eran nenos. “Con esta obra falamos do difícil que é para os mozos e mozas vivir nun mundo que non era o que nos dicían ao tempo que reflexionamos sobre a saúde mental, o suicidio e o amor”, destaca o autor da peza, Pedro Rodríguez. A obra, interpretada por Sheila Figueroa, Carlos Denis e Sarai Gómez, será representada ás 16:00 horas portuguesas e a entrada será de balde.

Mención destacada nos Premios Buero Vallejo de Teatro Joven

Lonxe dos teus abrazos tamén recibiu este ano unha mención especial nos Premios Buero Vallejo de Teatro Joven que organiza Coca Cola en España. O xurado destacou á compañía polo seu labor e polo compromiso social amosado. Este recoñecemento é o segundo que alcanza Teatro do Ar, logo que o ano pasado recibira outra coa súa obra Un vals para Cincinatti.

 

- Publicidade -spot_img