spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaTeatro da Semente pecha o Ciclo Teatro Cativo de Redondela

Teatro da Semente pecha o Ciclo Teatro Cativo de Redondela

Teatro-da-Semente-pecha-Ciclo-Teatro-Cativo-Redondela“Teatro Cativo”, o ciclo de teatro infantil organizado pola Concellaría de Cultura, remata este domingo coa función teatral CHÍOS, da compañía Teatro da Semente.

A compañía Teatro da Semente presenta un espectáculo teatral e musical dirixido á poboación infantil, e especialmente recomendado para nenos e nenas de 1 a 4 anos.
CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfactiva e táctil.
Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Con este espectáculo os máis pequenos aprenderán a descubrir o mundo a través dos sentidos, a transformación de obxectos, a gozar coa música e as palabras.

O prezo da entrada é de 2 € para público infantil e 4 € para público adulto, e pódense mercar dende hoxe no multiúsos da Xunqueira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.