spot_img
InicioPontevedra e Área"Érase una vez…La Zarzuela", o espectáculo do orfeón Vicus ad Libitum, chega...

“Érase una vez…La Zarzuela”, o espectáculo do orfeón Vicus ad Libitum, chega o sábado 7 de marzo ó auditorio da sede Afundación de Pontevedra

"Érase una vez…La Zarzuela"-espectáculo-orfeón-Vicus ad Libitum-sábado-7 de marzo-auditorio-sede-Afundación-PontevedraTras o éxito das actuacións de marzo e decembro en Vigo, nas que se colgou o cartel “Non hai entradas”, o orfeón Vicus ad Libitum volve pór en escena o espectáculo Érase una vez…La Zarzuela, esta vez no auditorio da sede Afundación de Pontevedra, grazas ó patrocinio da Deputación de Pontevedra e coa colaboración de Milar Radio. O espectáculo terá lugar o próximo 7 de marzo, ás 20:30 horas.

Repasaranse pezas moi coñecidas de diversas zarzuelas grazas ás batutas de Preciosa Ucha e Rimas Zdanavicius (mesmo a zarzuela galega Maruxa, de Amadeo Vives), con pequenas coreografías interpretadas polo propio orfeón e varias bailarinas de distintas escolas de danza de Vigo. Interpretarase música en directo co piano de Rasa Jakutyte, o violín de Elena Vázquez, o clarinete de Amelia Onega, a frauta de Flor Santos, a gaita de Adrián Rivas, a percusión de Carlos Castro e a percusión galega de Anahy Rodríguez e Alejandro Graña.

En definitiva, trátase dun espectáculo musical de gran vistosidade e unha excelente calidade sonora, pois este orfeón está integrado polos compoñentes de dúas corais de dilatada experiencia en Vigo: a Coral Polifónica Allegro e o Coro Apóstol Santiago, reunidos por primeira vez con motivo do bicentenario de Verdi e xa consolidados, que preparan novos espectáculos para este 2015.

Pezas de zarzuelas tan coñecidas coma La Gran Vía, Luisa Fernanda, La Rosa del Azafrán, Doña Francisquita, La tabernera del puerto ou La del Soto del Parral serán as elixidas para un programa que integra quince cancións (e algunha sorpresa máis, segundo os directores do espectáculo). As entradas poderán adquirirse por 10 e 12 euros en Milar  Radio (rúa Eduardo Pondal, 82, fronte a Vialia).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.