O próximo 10 de marzo terá lugar unha Xornada de Portas Abertas, organizada polo Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III, na Residencia de Tempo Libre de Patos.
Nesta Xornada participarán 7 empresas (PernodRicard, Finest-Call, Duni, Trisk-Ale, Unilevel, Artemar e GIN SEXA) que dispoñerán dun posto para dar a coñecer os seus produtos.
O presidente da Mancomunidade, Fernando Guitián, destacou na presentación das Xornadas “o importante traballo que se realiza no Obradoiro, sendo clave directa para integrarse no mundo laboral”, recalcou a importancia deste tipo de Xornadas que “permiten ao mesmo tempo achegar as persoas que se están a formar aos empresarios”.
Esta ocasión terá dobre conxuntura, será unha grande oportunidade para os alumnos de conseguir un emprego e para os hostaleiros que terán a posibilidade de encontrar, nestes alumnos- traballadores man de obra de cualificada, que cada día é imprescindible para os empresarios, véndose reflectida na satisfacción do cliente final.
Dende a Mancomunidade xunto con José L. Abraira Arias, Director do Obradoiro de Emprego, invitan a participar o próximo 10 de marzo nesta Xornada de Portas Abertas onde os alumnos do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III, estarán a esperalos para dar a coñecer todas as súas habilidades e coñecementos adquiridos durante estes meses de formación.