spot_img
InicioVigo e áreaRedondela"Camerata più bassa" inaugura o ciclo de música Pórtico Sonoro de Redondela

“Camerata più bassa” inaugura o ciclo de música Pórtico Sonoro de Redondela

"Camerata più bassa"-inaugura-ciclo-música-Pórtico-Sonoro-RedondelaA Concellaría de Cultura inaugura unha nova proposta musical, que se celebrará en distintas igrexas do concello, coa intención de achegar a música culta á veciñanza.

Baixo o nome de PÓRTICO SONORO, aglutínanse tres propostas de música culta que se celebrarán nas igrexas de Santo André de Cedeira, Santiago de Redondela e Santa María de Reboreda.

O obxectivo deste ciclo é divulgar a música achegándoa a distintas parroquias e utilizando, asemade, diferentes elementos do patrimonio que pola súa acústica, tamaño e riqueza artística poden acoller concertos de música sen amplificación nin medios técnicos.

O primeiro dos concertos celebrarase o sábado 7 de marzo, ás 21.00 h, na igrexa de Santo André de Cedeira, e estará a cargo de CAMERATA PIÙ BASSA, que interpretará unha selección de obras de música antiga (séc. XVI e XVII), baixo o título “Oito pezas sen derrota”.

Esta agrupación nace ao redor da Escola Superior de Música do Porto, e centra o seu repertorio no período Barroco da historia da música, para o que utiliza reproducións de instrumentos propios da época.

Camerata Più Bassa é un grupo de xente nova cunhas ideas claras e respectuosas coa interpretación con criterios historicistas, que nace co obxectivo de dar a coñecer e divulgar a música antiga. Neste concerto conta coa colaboración do escritor miñorano Xoán Cruz, que ideou un texto cheo de referencias á tradición mariñeira galega.

A entrada é libre.

 

- Publicidade -spot_img