spot_img
InicioVal MiñorGondomarTertulia do IEM co humorista gráfico Luis Davila “O Bicheiro”

Tertulia do IEM co humorista gráfico Luis Davila “O Bicheiro”

Tertulia-do-IEM-humorista-gráfico-Luis-Davila-“O Bicheiro”Cada día achéganos un sorriso -a maioría das veces cómplice- dende as páxinas do xornal Faro de Vigo ou nas réplicas dixitais das súas bandas debuxadas na Internet. Luis Davila “O Bicheiro” (Pontevedra, 1972) será o protagonista dunha nova TERTULIA do IEM onde falará dese mundo creativo onde a través de personaxes entrañables e moita retranca é capaz de debuxar unha radiografía do país acotío.

Será este venres 6 de marzo ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).
Biografía:
Naceu no Santa María de Pontevedra en 1972, mais medrou no Morrazo, concello de Bueu.

A afección polo debuxo venlle de neno aínda que confesa que lle custaba pintar sen saírse do debuxo segundo esixían a monxiñas do colexio. O xenio medrou até converterse en deseñador gráfico tras estudar na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso (A Coruña).

Responsable das infografías, ilustracións e deseños varios da edición do Morrazo do Faro de Vigo, en 1998 e a pedido dos colegas iniciou a súa andaina como O Bicheiro.

Na actualidade as súas tiras son lidas, comentadas e compartidas por milleiros acotío e dende decembro pasado, as mellores delas recollidas e publicadas nunha edición de catro tomos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.