Onte pola noite volvemos gozar do tríatlon da man dos galegos Susana Rodríguez e Gustavo Rodríguez. Fixéronnos vibrar durante toda a proba e conseguiron ser máxicos nos Xogos Paralímpicos Tokio 2020.
Susana Rodríguez segue sorprendendo cada día polos seus éxitos e sempre o dá todo para conseguir a vitoria. Despois de duros adestramentos co seu guía Sara Loehr, chegaron a Tokio nas mellores condicións e conseguiron a medalla de ouro do traballo e a constancia.
O triatleta tudense Gustavo Rodríguez, como guía de Héctor Catalá, conseguiu esta madrugada a medalla de prata na modalidade de tríatlon para persoas invidentes, unha modalidade na que son actualmente os campións do mundo.
Gustavo sempre da man do seu compañeiro Héctor Catalá, traballaron moi forte durante estes últimos anos para chegar en plena forma a esta proba. Sempre loitando para estar entre os primeiros, fixeron unha remontada magnífica e conseguiron un excelente segundo lugar que os converte en prata olímpica.
O triatlón PTVI conta de 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a de carreira a pé
Gustavo Rodríguez será o oitavo olímpico tudense. Súmase así a listaxe de deportistas do concello de Tui que participaron en distintos Xogos Olímpicos nos últimos anos: Enrique Míguez, que polo momento foi o único que conseguiu medalla, participou en Los Angeles 84, Seul e Barcelona 92; Pedro Areal en Barcelona 92 e Sydnei 2000; Jacobo Moroño e Jose Ignacio Bugarín en Barcelona 92; Suso González en Atenas 2004; Fran Casañas en Londres 2012 e Óscar Carrera en 2016. fotos//Deporte Galego




