spot_img
InicioCondado ParadantaSusana Lamela presenta en Ponteareas a súa primeira novela

Susana Lamela presenta en Ponteareas a súa primeira novela

Susana Lamela presenta a súa primeira novelaA ponteareá Susana Lamela presenta o sábado día 16 ás 18 horas no salón de plenos do Concello a súa primeira novela  “Invisible, con maleta verde e zapatos vermellos”.

Da literatura infantil ao mundo dos adultos pero sorprendentemente atractivo tamén para o público xuvenil, a primeira novela de Lamela narra unha historia con feitos inventados baseados nunha historia real. Un drama con moita retranca e cun final inesperado cargado de sentimentos.

Susana Lamela presenta a súa primeira novelaCon esta novela Susana Lamela estréase tamén como editora, deseñadora e distribuidora contando co apoio da familia e dos amigos que complementaron todas as súas facetas enriquecéndoas coas súas fotografías, ideas e aportacións.

Aínda que o seu libro se poderá mercar pola plataforma de distribución de amazon, tamén se poderá adquirir nas librerías locais que quixeron formar parte deste proxecto tan 100% Susana Lamela.

O acto de presentación da súa novela estará cheo de sorpresas e o público poderá coñecer a identidade da protagonista desta historia na que o poder da fantasía axuda a superar os retos da vida.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.