Inicio Pontevedra Baixo Miño O subdirector de AGADER visita a oficina da Asociación de Desenvolvemento Rural...

O subdirector de AGADER visita a oficina da Asociación de Desenvolvemento Rural  de Tomiño

subdirector-agader-visita-oficina-da-asociacion-desenvolvemento-rural-tominoUns 50 proxectos presentáronse á convocatoria realizada pola ADR MAIV-BAIXO MIÑO

O subdirector de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural)), Javier Blanco, visitou hoxe a oficina de atención da Asociación de desenvolvemento rural (ADR) MAIV–BAIXO MIÑO EU Rural, situada no Concello de Tomiño.

Acompañado pola presidenta da ADR MAIV–BAIXO MIÑO, Sandra González, tamén alcaldesa de Tomiño, o subdirector de AGADER (ente público da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Medio Rural, con funcións de xestión, control e seguimento do programa europeo Leader en materia de infraestrutura rural), reuniuse co resto do equipo, encabezado polo xerente da asociación, Marco García, estando presentes tamén, os técnicos e un par de membros da xunta directiva.

Durante a reunión, Javier Blanco comentou que até o mes de marzo, presentáronse á convocatoria un total de 883 proxectos, a nivel Galicia, 50 deles correspondentes ao ámbito da ADR MAIV-BAIXO MIÑO, que agrupa a 14 concellos, e conta cunha subvención  de máis de 3 millóns para investir até o ano 2020.

O encontro serviu para tratar diversas cuestións internas de organización e funcionamento, previsión de prazos de resolución de expedientes, etc.

A presidenta da asociación, Sandra González, aproveitou para salientar o alto nivel de participación obtido nesta nova convocatoria Leader, e solicitou ao subdirector de AGADER axilidade na resolución dos proxectos subvencionables, para que os promotores poidan empezar a realizar as accións previstas o antes posible.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies