Inicio Val Miñor Nigrán Praia América (Nigrán) acolle ata o 27 de xullo a exposición 'Nado...

Praia América (Nigrán) acolle ata o 27 de xullo a exposición ‘Nado en Pedra’,17 esculturas da Escola de Cantería

praia-america-nigran-acolle-ata-27-xullo-exposicion-nado-pedra17-esculturas-da-escola-canteriaA mostra, que recolle pezas relacionadas coa emigración e os oficios tradicionais, pode visitarse no paseo litoral de Praia América ata o 27 de xullo

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Nigrán, Juan González e integrantes do seu goberno, e a deputada delegada da Escola de Cantería, Montse Magallanes, e o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, inauguraron esta mañá a exposición “Nado en Pedra”. A mostra, que poderá visitarse ata o 27 de xullo en Praia América, recolle unha colección de 17 pezas de gran tamaño elaboradas polo alumnado da Escola de Cantería “que fala da nosa historia, da emigración e de tantos homes e mulleres que emigraron cara ao exterior”, segundo explicou a Presidenta.

Carmela Silva destacou a relevancia da exposición, na que se inclúen pezas de máis de 1.000 quilos, todas elas relacionadas con algúns dos oficios tradicionais máis senlleiros da nosa terra, como o de ferreiro, costureira ou canteiro, ademais doutras estampas da vida cotiá. Segundo informou a Presidenta, a mostra está a ser xa “un grande evento dende o mesmo momento no que se instalaron as estatuas en Praia América, como se aprecia polas milleiras de imaxes que se están a subir a Facebook e Twitter”.

A Presidenta da Deputación eloxiou o traballo realizado pola Escola de Cantería, á que cualificou como “a mellor do mundo”, e lembrou que ex-alumnos e alumnas do centro atópanse hoxe en día realizando “obras de rehabilitación en edificios emblemáticos como o Capitolio en Washington, a Sagrada Familia de Barcelona, a Catedral de Santiago, e en todas as grandes construcións que se están a facer no mundo”.

“Praia América recibe este nome precisamente polas mulleres e homes de Nigrán e do Val Miñor que emigraron cara América. Por iso non se podía elixir sitio mellor para esta exposición que, xunto aos oficios tradicionais, recolle a temática da emigración” Carmela Silva.

Tamén fixo fincapé Carmela Silva na relación entre o emprazamento da mostra e a temática da mesma. Así, a Presidenta provincial lembrou que “Praia América recibe este nome precisamente polas mulleres e homes de Nigrán e do Val Miñor que emigraron cara América. Por iso non se podía elixir sitio mellor para esta exposición que, xunto aos oficios tradicionais, recolle a temática da emigración”.

Pola súa banda, o alcalde de Nigrán, Juan González, manifestou que foi “doado” unirse a esta iniciativa que inclúe obras de “grande relevancia e calidade” e que se lle facilitou ao concello “de forma totalmente gratuíta”.  Así mesmo, sinalou que o espazo elixido para a exposición é o mellor posible xa que “a arte debe estar situada onde están milleiros de persoas, e non pechado nun recuncho”.

Xa para rematar, a Presidenta da Deputación agradeceu ao Concello de Nigrán que se teña sumado a acoller esta mostra itinerante, que pretende “poñer en valor un dos oficios máis senlleiros da nosa provincia”, e  manifestou o seu desexo de que a percorra enteira para dar a coñecer máis de preto esta profesión que “está entre nós desde que estamos postos nesta terra”.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies