·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior declara as praias do Peirao e Matilde "Libres de fumes"

Soutomaior declara as praias do Peirao e Matilde “Libres de fumes”

Soutomaior declara as praias do Peirao e Matilde "Libres de fumes"O Concello finalizou esta semana os traballos de acondicionamento dos areais para a Semana Santa

O Concello de Soutomaior xa ten as súas praias preparadas para esta Semana Santa cunha gran novidade, a inclusión de dúas dos areais máis visitados do municipio na Rede Galega de praias sen fume. Unha iniciativa do Sergas para promover unha vida sen tabaco e desnormalizar o seu consumo na sociedade galega.

A rede de praias sen fume xa conta coa colaboración de 66 concellos de toda Galicia e un total de 162 praias. Nelas está prohibido fumar, pero non existe vixilancia nin sanción por se alguén decide facelo xa que lla iniciativa ten carácter educativo e o seu obxectivo é a sensibilización social, por iso apélase á responsabilidade persoal e social de cada veciño recalcando a importancia de evitar as condutas nocivas das persoas adultas diante dos máis pequenos.

Trátase dunha iniciativa que quere desnormalizar o consumo de tabaco nun ambiente tan familiar como a praia, pero non a través do castigo e a penalización, senón da conciencia cívica das persoas. Estou convencido de que acabará sendo un éxito e un exemplo máis do bo comportamento e responsabilidade social dos veciños”, explicou o alcalde, Agustín Reguera.

Soutomaior declara as praias do Peirao e Matilde "Libres de fumes"
Praia do Peirao

Ademais da inclusión das praias de O Peirao e Matilde nesta rede, durante as últimas semanas o Concello estivo traballando no mantemento dos catro principais areais do municipio para a chegada do período vacacional de Semana Santa. Cunha campaña de limpeza a man, operarios do Concello de Soutomaior retiraron esta semana os restos e sedimentos depositados polo mar durante o inverno. Principalmente restos de artes de pesca rotos, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais como algas e anacos de madeira.

No leito do río Verdugo, onde se asintan as praias fluviais da Xunqueira e Veiguiña Longa, a brigada municipal procedeu á recollida do material orgánico arrastrado polo río durante as abundantes choivas dos últimos meses e que impedía o pleno gozar da contorna.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies