spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior conmemora o 8M coa campaña 'Mulleres Sabias'

Soutomaior conmemora o 8M coa campaña ‘Mulleres Sabias’

Soutomaior conmemora o 8M coa campaña 'Mulleres Sabias'A iniciativa quere poñer en valor ás mulleres de máis idade como exemplo de vida 

A iniciativa do Concello de Soutomaior continua a campaña do ano pasado, paralizada pola pandemia, coa que se pretende dar visibilidade ás mulleres de máis idade do municipio poñendo en valor a súa experiencia e esforzo como exemplo de vida.

A campaña deste ano inclúe dúas exposicións. A primeira foi inaugurada polo alcalde, Agustín Reguera, e a edil de igualdade, Cristina González, na alameda Tallo Río de Arcade, onde se poderá visitar durante todo o mes de marzo.

A mostra é froito do traballo de varias mulleres da comarca, de máis de 65 anos de idade, participantes na iniciativa municipal “ Namórate de ti”. A segunda exposición situarase no IES Soutomaior e, acompañada por unha guía didáctica elaborada polo CIM de Arcade, permitirá aos alumnos profundar sobre a temática da exposición, o empoderamento e a experiencia vital como fonte de sabedoría.

“Organizar a exposición ao aire libre permítenos cumprir con todas as recomendacións sanitarias e, á vez, achegar aínda máis a campaña á veciñanza”, explicou González, que indicou que durante todo o mes de marzo os edificios municipais iluminaranse para dar máis visibilidade ao 8-M.

- Publicidade -spot_img