spot_img
InicioVal MiñorNigránO Centro Comercial da Ramallosa acolle a re-estrea da exposición fotográfica "Mulleres...

O Centro Comercial da Ramallosa acolle a re-estrea da exposición fotográfica “Mulleres de Nigrán – 1970”

https://www.cousasde.com/as-mulleres-de-nigran-protagonistas-dunha-exposicion-fotografica/
Grupo de mulleres nun campo de Prado en 1950. Identificadas Rosita González, Pura Giráldez, Salustiano e Fina Álvarez.

A mostra será inaugurada este luns ás 12:30 horas e estará durante todo o mes. Trátase dunha escolma de 150 imaxes recompiladas polo Concello entre a propia veciñanza durante case un ano

O Concello de Nigrán conmemora o 8-M, Día Internacional da Muller, coa re-estrea este luns ás 12:00 horas no Centro Comercial Ramallosa S.XXI da mostra fotográfica ‘Mulleres de Nigrán -1970’, unha exposición propia froito de recompilar entre a veciñanza durante case un ano centos de imaxes antigas e que o Centro de Información á Muller (CIM) quere recuperar ao estar no 2020 só unha semana aberta ao público por cuestións sanitarias.

As mulleres de Nigrán protagonistas dunha exposición fotográfica

Nesta ocasión trasládase cunha  nova montaxe ao Centro Comercial Ramallosa  co  dobre obxectivo de facilitar a súa visita grazas á súa amplitude horaria e , ao mesmo tempo, contribuír a dinamizar este núcleo comercial de Nigrán.

A coincidencia co inicio da pandemia fixo que o ano pasado tan só estivese aberta ao público unha semana no Auditorio Municipal, polo que desde o CIM consideraron re-estreala neste 2021

A mostra é unha escolma de 150 fotografías nas que os asistentes poderán ver a mulleres de Nigrán labregas, costureiras, mestras, nais de familia, coidadoras, perruqueiras, mulleres festeiras, amigas cómplices… En definitiva, mulleres comúns e valerosas ás que a ONU adica cada 8 de marzo e ás que o consistorio homenaxea.

“Esta mostra reivindica ás mulleres silenciadas, secularmente ignoradas pese a ser artífices do desenvolvemento económico, social e cultural do municipio e, en esencia, de toda a Humanidade”, resume o alcalde, Juan González, quen incide en que, co obxectivo de fixar esta memoria e que permaneza, o Concello editou o seu correspondente catálogo, que tamén se pode consultar online desde a web municipal.

O obxectivo é reivindicar e visibilizar ás veciñas de Nigrán como suxeito histórico imprescindible para entender o municipio: labregas, costureiras, mestras, nais de familia, coidadoras, perruqueiras, mulleres festeiras, amigas cómplices…

“Lanzamos unha petición á veciñanza no 2019 para aportar imaxes e  recibimos centos de tesouros que temos dixitalizados; esta é unha selección de 150 na que atendemos a criterios de antigüidade, calidade da imaxe recibida, valor documental da mesma…”, explica María Villar, responsable da organización da mesma xunto con Olalla Fernández no deseño gráfico e o Centro Ocupacional Juan María no enmarcado e novo montaxe.

“Son imaxes espectaculares, que sorprenden e emocionan á maioría dos asistentes porque significan unha viaxe a nosa historia máis recente e invisible da man de mulleres fundamentais nas vidas de todos nos e, por suposto, do municipio”, resume a concelleira de Igualdade, Patricia Diego.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.