O encontro, que tradicionalmente se produce na Casa do Concello, trasladouse este ano á Escola de Romariz por motivos climatolóxicos
Os nenos da Escola de Educación Infantil de Romariz recibiron esta mañá a visita da edil de Cultura do Concello de Soutomaior, Dores Cernada. Un encontro anual que pretende dar a coñecer aos pequenos o funcionamento das institucións públicas e compartir con eles a celebración do entroido. Durante a visita os pequenos tiveron oportunidade de compartir un bo intre coa edil, que premiou o seu bo comportamento cunha bolsa de lambetadas e doces.
A visita, que tradicionalmente se produce na Casa do Concello, trasladouse este ano á Escola de Educación de Romariz por motivos climatolóxicos. Alí, disfrazados de boneco de neve e gozando dun pequeno entroido, os pequenos recibiron a visita da edil ao redor das 11:30 horas da mañá. Despois do primeiro saúdo e uns xogos, os pequenos saudaron á edil e recibiron unha bolsa de agasallo repleta de lambetadas como agasallo de entroido. Ao terminar os pequenos continuaron a festa cunha merenda na que non faltaron os típicos doces destas festas como orellas, filloas e moitos outros doces.
A concelleira de cultura, Dores Cernadas, expresou a súa satisfacción tras a visita ?é un pracer poder compartir as festas de entroido cos máis pequenos, as festas son alegría e non hai nada máis alegre que estes nenos?, afirmou a edil.



